martes, 17 de outubro de 2023

Aprendemos a separar residuos!!

 Ola peques e familias!!

Dende principio de curso vimos traballando un temiña que é moi importante para nós e para o medio ambiente e que nos acompañará sempre!

A separación correcta de residuos!! 

Temos na aula as 3 papeleiras que máis utilizamos e estamos aprendendo a usalas correctamente!! 

É divertido darlle voltiñas para conseguir acertar pero non é moi sinxelo, así que comezamos a practicar no panel dixital!! 

Que se pode reciclar 

e que lixo é orgánico??




O seguinte paso foi buscar alimentos que aparecían nas nosas merendas do cole!!

 

Aproveitamos para debatir cales eran MOI SAUDABLES e podiamos comelos todos os días e cales só se debían consumir ocasionalmente.

 

Despois intentamos clasificar 

os seus residuos!!

E por último, cun xogo elaboramos entre tod@s os CARTEIS finais que nos axudarán no día a día!! Veredes que chulos e claros quedaron!!

A que molan?? 

Aproveitamos para recordar tamén...as 3R: reducir, reutilizar e reciclar!! 

E que a mellor forma de practicar e aprender é a VIDA DIARIA!! Polo que cada día seguiremos na aula pero tamén é importante que o fagades NA CASA!! Seguro que xa o facedes pero senón....invitámosvos a animarvos!!

E un RETO para terminar con axudiña da foto... escribide en comentarios: un residuo para cada PAPELEIRA!! A facer memoria!!

Apertiñas medioambientais!!

6 comentarios:

  1. Aquí está o reto ♻️♻️♻️♻️

    🟦Papeleira azul: cartón da caixa de galletas
    🟡Papeleira amarela: bote de Actimel
    🟢Papeleira verde: monda do plátano un

    Na miña casa os restos de comida e as mondas da fruta e legumes van o composteiro👏👏👏

    ♻️♻️♻️♻️♻️♻️♻️♻️♻️♻️♻️♻️♻️♻️♻️♻️♻️♻️♻️♻️♻️♻️♻️♻️♻️ Hugo

    ResponderEliminar
  2. ♻️♻️VAMOS A POLO RETO ♻️♻️
    💙💛💚 VALENTINA 💚💛💙

    💙 P. AZUL : CAIXA CEREALES
    💛 P. AMARELA: BOTELLA DE XABÒN
    💚 P. VERDE : OSOS DO POLO OU DO CHURRASCO QUE TANTO ME GUSTA

    ♻️💚♻️MEU TIO ALBINO TEN GALIÑAS E A COMIDA QUE NOS SOBRA É O PAN, MIÑA AVOA ESTHER LEVALLA PARA QUE COMAN 🐔🐓🐔🐓

    ResponderEliminar
  3. Papeleira azul: caixa dos cereais
    Papeleira amarela: lata de refresco
    Papeleira verde: monda da laranxa

    ResponderEliminar
  4. AZUL PAPEL. AMARILLO. BOTE. DE YOGUR. VERDE. A COMIDA QUE NOS SOBRA
    BREIXO

    ResponderEliminar
  5. ♻️Ahí van as miñas respostas do reto:
    🗑💙- rollo de papel de baño🧻
    🗑💛-un cartón de leite🧃🥛
    🗑💚-cáscara da sandía 🍉

    ENMA

    ResponderEliminar
  6. Nos pensamos que:
    📗- mondas de plátano
    📘-un papel usado
    📒-un bote de yogur
    (VERA)

    ResponderEliminar

Unidades de medida - Peso

Ola peques e familias!!  Hoxe toca repasar...  AS UNIDADES DE PESO !!  Aquí quedan varios xogos! XOGO 1 XOGO 2 XOGO 3  Adiaaaaaante!!  Apert...