domingo, 14 de maio de 2023

Semana intensa das LETRAS GALEGAS!!

 Ola peques e familias!! 

Esta semana espéranos unha apretada axenda!! O luns comezamos coa EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO!! Pronto vos contaremos como nos foi!!

 Tamén temos un día festivo no medio da semana porque se festexa o DÍA DAS NOSAS LETRAS!! O DÍA DAS LETRAS GALEGAS!! Este ano adicado ao tan coñecido xa por nós...

DON PACO!! 

Que en realidade...

como é o seu nome completo?? 

Intentade escribilo en comentarios!! 

(Acordádevos da tilde e as maiúsculas).

O primeiro que descubrimos del foi a un dos seus AMIGOS ESPECIALES que ten que ver moito co PROXECTO deste curso!! El é DONLAPIS!! O lapis que o acompañou toda a súa vida. 

Tamén o incluímos nas PORTADAS do concurso da REVISTA CARCAMÁN!! Aquí @s valentes participantes da nosa aula!! 




E xa hai gañadora!! 

Este curso...unha compi de cuarto!! Pronto se publicará a REVISTA completa con todos os traballiños!! 

E para rematar...

un pouquiño da vida de DON PACO en forma de CONTO con misterios que resolver!! 

O MISTERIOSO SALOUCO DE DON PACO

E uns xogos!! Seredes capaces de resolvelos coa axuda da vosa familia?? Aaaadiante!! 

XOGO DON PACO

PASAPALABRA DON PACO

Apertiñas lingüeteiras!!

4 comentarios:

  1. Boas! O nome completo de Don Paco é, Francisco Fernández Del Riego. Apertiñas 👨‍🏫🍧👓🔺️🔻🔘🔲🔳

    ResponderEliminar
  2. Ola, son Emma. O homenaxeado deste ano é Fancisco Fernández del Riego. Apertiñas.✍✍

    ResponderEliminar
  3. Ola, son Óscar. O homenaxeado no día das letras galegas é Fracisco Fernández del Riego. Apertiñas.😎😎😎🙂🙂🙂😁😁😁🫡🫡🫡

    ResponderEliminar
  4. Ola son Sofia...O homenaxeado deste ano das letras galegas é Frascisco Fernández del Riego...Apertiñas..🤗

    ResponderEliminar

Excursión de fin de curso!!

Ola peques e familias!!  Chegou o mes de maio e nós xa comezamos a ser conscientes de que o curso está chegando ao seu final e que mellor ma...