E esta semana tivemos dous moi relacionados co CONCELLO!! É un tema que xa temos bastante controlado pero...sempre se pode aprender máis!!
E diso encargáronse Eva e Isidro, os papis de Alma!! El é traballador dos SERVIZOS MUNICIPAIS do Concello da Illa de Arousa, mentras que ela é ADMINISTRATIVA no Concello de Vilagarcía pero parece que ambas profesións...están moi relacionadas!!
Primeiro comezou Isidro contándonos toooodos os traballos que fai!! Como arranxar elementos das rúas e dos parques do concello...pero tamén colocar as sinais de tráfico!!
E alucinamos cando nos dixo algunhas das cousas que fixera no noso cole!! Dende colocar o ROCÓDROMO do patio, pintar a BIBLIOTECA ou montar practicamente todo o novo espazo do cole que se chama POLOS CREATIVOS!! Xunto cun compañeiro, puxeron o chan, pintaron as paredes, montaron e colocaron os mobles...QUE PASADA!!
Para todos estes traballos precisa MERCAR ferramentas, materiais, etc. Teñen que darlle unha FACTURA e aquí entra o traballo de Eva!!
Ela terá que comprobar que ten todos os datos e están correctos para autorizala e poder efectuar o pago. Despois selecciónase de que "peto" se teñen que sacar os cartos e xa pasariamos a outro departamento: o de TESOURERÍA, os compañeir@s que TRABALLAN EN EQUIPO con Isidro e Eva!! Nós metémonos no papel e...A XOGAR!!
Levámoslle as FACTURAS a Eva, comprobaba que todo estaba en orde e tocaba seleccionar o "peto" do que debiamos coller os cartiños!!
E despois...
a contar para coller
as cantidades exactas!!
Pero... non é tan sinxelo!! Eva debe controlar que ningún peto se quede sen cartiños senón hai que recurrir ao alcalde e facer unha votación como nos pasou a nós para realizar unha TRANSFERENCIA de cartos dun "peto" a outro!!
Finalmente saiu aprobada e puidemos rematar o noso obradoiro e saldar todas as débedas!! Pero quedaba unha SORPRESIÑA que nos deixou abraiad@s!!
Alma repartiunos unha bolsiña moi curiosa de lambonadas!! Traía un ladrillo, unha sinal e unha moeda de chocolate!! Entendedes por que?? Moi ben pensado!!
E tocou despedilos cun enorme aplauso, un gran agradecemento e, por suposto, os merecidos DIPLOMAS!!
Ola, son Emma. Encantoume o traballo de Eva de administratia e o de Isidro, grazas. Adeus.
ResponderEliminarOla! Son Sira Jueguen Rey. Grazas aos pais de ALMA e que chuli que os dous traballan nun concello. Apertiñas concelleiras🫠😘☺️😻💝💋👱♀️🧔♂️
ResponderEliminarOla, son Óscar. Gustoume moito o obradoiro e o regalo. Apertiñas😘😘😘😜😜😜🫡🫡🫡🫡
ResponderEliminarOla son Sofía...encantoume ver o traballo de Eva e Isidro....apertiñas...o
ResponderEliminar