venres, 13 de xaneiro de 2023

A carta chegou a destino!!

 Ola peques e familias!! Parece que Amaranta volveu a cumprir a súa misión!! Desta vez chegou ata o Polo Norte!!

E alí...se reuniron varios amigos para ler a nosa CARTA!! 

Pero que ten detrás o amiguiño de Trasti? O libro dos Bolechas que lle faltaba á mestra?? Son tremendos, non perden unha oportunidade!! 

Por certo...ese conto ten PISTA para as próximas semanas!! Estade atent@s!!

Pero onde anda Trasti?? Por fin parece que lle chegou e... tivemos contestación con...SORPRESÓN!!

 Ademais...multiplicouse polo acto xeneroso que fixemos fai uns días!! Trasti entérase de todo!!


Contámosvos!! Decidimos donarlles os XOGUETES que xa non utilizabamos aos compis de primeiro!! Foi unha gran idea, non credes?? E el@s quedaron mooooi content@s!!

E que credes que argallara o elfiño?? Un montón de agasallos chulísimos para a aula!!

Así que despois de solucionar uns XOGOS MATEMÁTICOS complicadísimos como este superconcentrad@s... 

...a profe deixounos estrealos!! Menos mal!! Xa que non podiamos esperar máis!!






E sen darnos case conta...seguimos APRENDENDO XOGANDO!! Matemáticas, expresividade oral, creatividade, motricidade fina, imaxinación, ciencias naturais e sociais,  traballo en equipo... e tantas cousas máis!! E para rematar...A REPASAR con máis XOGOS nos seguintes  tres enlaces!!

CUERPOS GEOMÉTRICOS 1

CUERPOS GEOMÉTRICOS 2

PÁGINA WEB CON MUCHOS JUEGOS MÁS!!

Apertiñas!!


4 comentarios:

  1. Ola son Alma e gustoume moooooito os regalos do ELFIÑO TRASTI e tamen abrir eu os regalos de trasti un saudo etamen unha apreta super grande adees.

    ResponderEliminar
  2. Ola, son Óscar. Gustoume moito a visita do elfo mais os regalos. Apertiñas.

    ResponderEliminar
  3. Ola, son Mariña. Encantáronme os regalos. Adeus.

    ResponderEliminar
  4. Ola,son Mariña. Os sellos foron súper chulos. Adeus.

    ResponderEliminar

Aniversarios do terceiro trimestre e verán!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre festexamos os últimos ANIVERSARIOS do curso!! Comezamos cos de Álex, Carmen, Sofía e Icía que quixer...