domingo, 6 de novembro de 2022

Visitounos unha CARTEIRA como Amaranta!!

Ola peques e familias!! 

Fai uns días tivemos a visita 

dunha CARTEIRA diferente 

a Amaranta!! Chámase Trini 

e é a nai de Sira!!


Visitounos superpreparada 

co seu uniforme e o carriño!! 

E tamén nos ensinou e 

explicou máis cousiñas!!

Pero sabedes?? O carro

 viña cheo de SORPRESAS... 

CARTAS, MOITAS CARTAS!! 

Unha para cada un!! 

E...con lambetada caseira 

de Samaín dentro!!


Mirade o reparto e...

atendede a como se facía antes!! 

Molaba moito!! 

Pero a CARTA máis ESPECIAL...

estaba por chegar!!

Ata Sira alucinou!! 

Non sabía nada!! 

Mamá Trini, Libria e a profe Ali 

tramaron todo en segredo!! 

Escoitade, escoitade...


Xa vedes que temos 

moi clara a frase de LIBRIA!!


Era a carta INTERMINABLE!! 

E chegaba o DÍA DAS BIBLIOTECAS!! 

E iso traía...moitas misteriosas 

SORPRESAS LECTORAS!! 

A primeira era ese día, 

así que...rapidamente nos 

trasladamos á BIBLIOTECA!!

Que xenial!! 

Trini, como tamén é MESTRA, 

preparounos un CONTACONTOS 

de Samaín!!





Dous contos moi divertidos 

que vos recomendamos!! 

E rematamos con aplausos, 

un gran agradecemento e...

o MERECIDO DIPLOMA!!

As sorpresas lectoras seguiron 

esa semana de Samaín...

pronto volo contaremos!! 

Saudiños!!





2 comentarios:

  1. Ola son Sira J. O que máis me gustou foi estar con miña nai na biblio.📚💝 Apertiñas.

    ResponderEliminar

Aniversarios do terceiro trimestre e verán!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre festexamos os últimos ANIVERSARIOS do curso!! Comezamos cos de Álex, Carmen, Sofía e Icía que quixer...