domingo, 16 de outubro de 2022

Aprendendo a cociñar!!

 Ola peques e familias!! 

Que sorte estamos tendo!! 

Non deixamos de recibir visitas de familias superprofesionais que nos ensinan moito ademais de agasallarnos con moitas SORPRESAS!! 

A última foi...que este obradoiro non sería na aula, sería no COMEDOR!!

Tiña sentido, recibiamos 

ao pai de Izan que é COCIÑEIRO!! 

Explicounos un pouco o seu traballo, fixémoslle moitas preguntas pero enseguida se puxo MANS Á OBRA!! 

A ver se adiviñades cal é a receita...

Medimos os ingredientes, engadímolos e batemos ben!! Vaia BATEDOR PROFESIONAL nos ensinou!! Un pouquiño á neveira e...


... conseguimos unha MASA PERFECTA!! 

E se á metade lle mesturamos CACAO?? 

Que boa idea e que pinta!! 

Seguimos cortando en trociños para repartir, facemos boliñas e...a aplastalas!!

E sorpresa tras sorpresa!! O cociñeiro trouxo varias cousiñas para DECORAR e dar sabor!! Así que despois de darnos el unhas ideas...puxemos en marcha a nosa CREATIVIDADE!!

E que tocaba agora?? Quentar ben o FORNO e....para dentro uns minutiños!!

Xa imaxinades o longa que se fixo 

a espera... Pero mentras Juan explicounos o importante que é LIMPAR sempre que se cociña, así que aproveitamos o tempo!!

Xa sabedes que SOBREMESA

estamos elaborando??  


Efectivamente...

unhas deliciosas GALLETAS!! 

Que, por certo, non duraron moito!!

Só nos quedaba darlle unha vez máis as GRAZAS a Juan e ao seu axudante IZAN, darlle outro aplauso e o merecido DIPLOMA!!

Pero isto continuou na aula!! 

Xa que estamos traballando a ALIMENTACIÓN ...non perdemos ningunha oportunidade, así que aproveitamos para escribir a RECEITA entre tod@s para poder facela na casiña!! 

Aquí queda!!


A verdade é que nos dou traballiño, pero mereceu a pena TRABALLAR EN EQUIPO para obter este resultado!! 

E, sen darnos conta, neste obradoiro traballamos moitas MATEMÁTICAS (pesamos e calculamos cantidades, tempo, temperatura, divisións...), LINGUAS, EDUCACIÓN ARTÍSTICA na motricidade ou na creatividade, CIENCIAS NATURAIS E SOCIAIS e moitas cousas máis para a vida!!

Seguimossssssss!! 

Non perdades detalle!! 

Apertiñas saborosas!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

25N - Día internacional da eliminación da violencia contra a muller.

Ola peques e familias!!  Hoxe reunímonos todo o colexio no patio para unha CONMEMORACIÓN que ogallá pronto non sexa necesaria.  O 25 de NOVE...