luns, 26 de setembro de 2022

Primeira profesional que nos visita!!

 

Ola peques 

e familias!! 

Xa que estamos traballando 

o corpo, a hixiene...

Hoxe tivemos o primeiro 

OBRADOIRO DE PROFESIÓNS!!

Xoguemos a adiviñar!! 

Segundo os instrumentos 

que utiliza...que oficio 

terá Melissa, 

a nai de Javi??

Moi ben!! PEITEADORA!! 


Despois dunha interesante

 explicación sobre o que 

ten que estudar, 

o seu traballo e instrumentos, 

a importancia da hixiene, 

dos "piolliños" 

e moitas cousas máis...

PÚXOSE MANS Á OBRA!! 

Peiteou a tod@s @s 

voluntari@s coa axuda de 

Javi!! Un superexperto tamén!!

Este "cliente" 

estaba encantado!! 

Pero despois...

animámonos case tod@s 

a aprender!!


E ademais pasámolo pipa!! 

Xa se ve, verdade?? 

Pois atent@s aos 

resultados!! Podiamos 

marchar de celebración!!


Un pouco de chulería...

e a POSAR!! 

Pero merece que se

vexan con detalle...


Que pasada!! 

Isto merece... 

un DIPLOMA!! 

Grazas supermami!! 

Pronto CONTINUARÁ... 

Saudiños!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

O mundo das máquinas!!

Ola peques e familias!!  Seguindo co estudo do PASO DO TEMPO adentrámonos no cambio que sufriron as MÁQUINAS cos anos!!  E comezamos o seu ...