Ola peques e familias!!
Vaia semaniñas de eMocións con M!!
Comezamos no SAMAÍN coas MOMIAS,
MOUCHOS E MORCEGOS...
E seguimos esta semana
co MAGOSTO!! Que chegue o venres xaaa!!
Polo de pronto...ímonos preparando!!
A CANTAR E BAILAR!!
Pero as eMocións con M
continuaron cun MOSAICOOO!!
Había que darlle vida ao muro!!
Atendemos primeiro ben atent@s
ás explicacións e...
... PUXÉMONOS MANS Á OBRA!!
Isto si que é un
TRABALLO EN GRAN EQUIPO!!
En torno a 300 MANS!!
O equipo que formamos toda a
COMUNIDADE ESCOLAR!! Sóavos??;)
Traballando XUNT@S este
muro agora en proceso...
quedará ESPECTACULAR!!
A maior SORPRESA foi atoparnos
á mascota de RADIO CARCAMÁN
e...a LIBRIA tamén!!
Estamos desexando ver o resultado!!
E falando de Libria...
hoxe tivemos unha carta súa!
Pero estaba algo triste e con motivo!!
Sobran as palabras...
dubidamos en facerlle caso!!
Tiña toooda a razón
e cumpriremos a promesa!!
ASÍ MOITO MELLOR!!
Xa estamos imaxinando o orgullosa
que se sentirá LIBRIA!!
E de conto a conto seguimos con...
Con M de Martín tamén,
nos presenta ALBA ALONSO FEIJOO
este conto xenial!!
Pronto teremos a sorte de tela na aula!!
Polo de agora este XOVES tedes
unha cita con ela as FAMILIAS grazas á ANPA,
dentro do PROXECTO DE IGUALDADE!!
A mesma ALBA ALONSO quixo
convidarvos persoalmente!!
Escoitade, escoitade!!
De seguro que merece a pena!!
É estupenda!! Vémonos alí!!
Apertiñas Moi agariMosas!!
Encantoume facer o mosaico con todos os meus compañeiros!!
ResponderEliminarPrometolle a libria ser mais cuidadoso cos libros...
Un saudiño Diego