Bos días!!
Seguimos con recordos...
A GOTIÑA DA AROUSA
non deixou de sorprendernos!!
Fai unhas semanas
chegounos outra carta!!
Desta vez acompañada
dun paquete enorme!!
Así que nos puxemos a ler!!

Seguimos os pasos,
lendo o contiño que nos propuxo!!

É UN CONTIÑO PRECIOSO
dun osiño polar e unha gotiña!
Pero deixounos preocupados!!
Como dicía a carta,
por mor do "QUECEMENTO GLOBAL",
estase derretindo o planeta
e os pobres animaliños
quedando sen o seu fogar!!
E sabedes??
A nós tamén nos afecta e moito!!

Eles nos piden axuda e nós...
xa estamos buscando solucións!!
Nese conto tamén puidemos descubrir
os ESTADOS DA AUGA!!
E coa axuda dun experimento,
xa nos quedaron clarísimos!!

Sólido, líquido...
e fáltanos conseguir o gaseoso!!
Alá imos!!
Primeiro de sólido
a líquido aplicando calor...
AGORA ENTENDEMOS MELLOR
O PROBLEMA DO "QUECEMENTO GLOBAL",
pobre osiño!!
E fervendo, fervendo...
comezou a evaporación e
o estado gaseoso chegou!!
Non podiamos ver o vapor de auga
pero o tiñamos entre nós!!
Ao cambiar de estado,
pasamos de ter o vaso mediado
de auga (pola primeira marca),
a quedarnos case sen ela
(última marca!!).
E prontiño... outra carta chegou
acompañada de moitas cousiñas!!
Seguiamos descubrindo os estados
da auga...desta vez CREANDO NEVE
para ser uns auténtic@s científicos!!
Así que puxémonos
MANS Á OBRA!!
As caras de emoción o din todo...
o estabamos conseguindo!!
E cumprindo algún soño parece ser!!
Conseguimos grandes cousiñas!!
Ata xurdiron demostracións
de problemas medioambientais reais!!
A auga ademais de pasar
por diferentes estados,
tamén pode ser DOCE OU SALGADA!!
Experimentamos tamén con isto??
Claro!! Vexamos...
FLOTA OU AFONDA?
Primeiro realizamos hipóteses
nas nosas libretas e...
pasamos á realidade!!
En auga doce o ovo...
AFONDA!!
Pero se engadimos SAL,
MOOOOITA SAL...
FLOTA!!
Parece MAXIA pero...
nós xa sabemos que é CIENCIA!!

E a gotiña...volveu!!
Seguimos aprendendo
e disfrutando dela
todo o trimestre
coa maxia e a emoción!!
APERTAS!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario