venres, 11 de decembro de 2020

Propostas para agasallar SORRISOS!!

 AMIGUIÑOSSSS e
AMIGUIÑASSSSS!!

Nos últimos días antes das vacacións...
apetecen propostas NAVIDEÑAS
e que poidan agasallar SORRISOS 

como fan os ELFIÑOS!!


Pois aquí veñen varias!!

A primeira é moooi importante:

Coñecedes o XOGO 
DO AMIG@ INVISIBLE?

Pois imos a xogar esta semana!! 

Debido á situación farémolo da seguinte maneira: fixemos o sorteo na aula e a cada nen@ lle tocou un compañeir@. Agora terán que escribirlle unha CARTIÑA/POSTALIÑA con bos desexos e poderán tamén facerlle unha manualidade. Envolverano todo xunto (papel de xornal, reutilizado...) só co nome do DESTINATARIO por fóra.

 Traeranos entre o XOVES 

DÍA 17 e o VENRES DÍA 18 

para deixalos en corentena 

durante o fin de semana 

e así realizar a actividade 

con todas as medidas!

Para realizar este xogo 

precisamos a colaboración e 

COMPROMISO de TOD@S 

para que ningún nen@ quede 

sen o seu detalliño/sorriso!! 

Por favor, cando o leades, 

deixade un comentario para saber 

que estades enterados! Grazas!

Dúas propostas máis 
para quen lle apeteza!!

En ambas poden participar 
peques e familias!!
Estaría xenial!!

PRIMEIRA PROPOSTA:

Teremos a partir de luns na nosa aula un buzón ao que poderán chegar CARTAS/POSTAIS de familiares e peques para calquera dos compañeir@s, mestr@s, persoal do colexio, etc. Trátase de transmitirnos BOS DESEXOS, BOAS PALABRAS...SORRISOS ao fin e ao cabo!! 

Non hai límite!! Cantas máis mellor!!

Despois da corentena, 
chegarán ao seu DESTINATARI@!


SEGUNDA PROPOSTA:

Tamén puxemos no corredor un MURAL DE DESEXOS PARA O NOVO ANO!! Trátase de escribir nun POST-IT desexos que teñades, familias ou peques, para o 2021. ASINADE debaixo para saber de quen é.

Xa que este ano foi tan difícil, imos a intentar transmitir esperanza de cara ao que ven. Tamén podedes escribir cousiñas positivas que sacastes deste ano que remata! 
Se queredes podedes comezar 

compartíndoos nun comentario!


Xa houbo unha peque 
que non puido esperar 
á semana que ven!!
E lendo o seu desexo...
creo que podemos entendelo 
e compartilo!!

ESPERO UNHA VEZ MÁIS, 

QUE VOS GUSTEN AS PROPOSTAS 

E QUE HAXA MOITA COLABORACIÓN! 

Xa van as GRAZAS de antemán!! 

Decenas e centenas de 

bos desexos para tod@s!!

10 comentarios:

  1. Boas tardes,
    Bonitas propostas para este ano tan complicado. Pablo e a súa familia desexamos que este aniño remate pronto e veña cargado de cousas boas para tod@s.
    Un ano que nos enseñou a valorar o realmente importante e a agradecer se cabe todo o que tiñamos e non valorábamos.

    Bo Nadal!!!

    ResponderEliminar
  2. Ola! Por aquí, estamos enterados. Mans á obra!;). Breo.

    ResponderEliminar
  3. Ola. Traballaremos en familia e faremos un agasaio super chulo.
    Clara

    ResponderEliminar
  4. Olá que ilusión este prollecto 👏🤗👏🤗

    ResponderEliminar
  5. Olaa!! Moi boa idea! Traballaremos en familia! 😘Alicia

    ResponderEliminar
  6. Hola. Nos gusta mucho la idea.
    Luca.

    ResponderEliminar
  7. Hola! Mensaxe recibido 😉
    Bo nadal a tod@s, esperemos que pra ano nos poidamos dar apertas físicas e que pronto poidamos compartir sorrisos de verdade 😁 Moitos bicos de Leo e familia 😘😘😘

    ResponderEliminar
  8. Ola!! Faremos unha manualidade con moito cariño. Apertas para todos

    ResponderEliminar
  9. YO TAMBIEN VOY A HACER UN REGALO. ABRAZOS PARA TODOS. GAEL

    ResponderEliminar

Visita ao CENTRO DE DÍA LEMBRANZAS!!

Ola peques e familias!!  Esta semana vivimos unha experiencia moi emocionante!!  Despois de traballar intensamente o curso pasado o tema da ...