12 febreiro 2025
Ortografía e gramática!!
Nas LINGUAS estamos avanzando un montón na aprendizaxe da ORTOGRAFÍA, tan importante para unha CORRECTA ESCRITURA!! Agora mesmo estamos profundizando no uso da G:
Para repasar queda aquí un xogo:
11 febreiro 2025
Aprendizaxes variadas!!
Ola peques e familias!!
Cantos temas novos temos entre mans!! Non deixamos de aprender!! Os animais e as plantas non deixan de sorprendernos!! Realizamos investigacións, esquemas, resumos, xogos, ditados, lecturas...estamos motivadísimos/as!! O libro de Amaranta sempre está presente!!
E o encargado/a de cada semana debe debuxar ou realizar con mímica o seu ANIMAL FAVORITO para que os/as compis o adiviñen!!
Agora aquí queda un xoguiño:
FOLLA CADUCA OU PERENNE
No terreo matemático xa somos uns expertos/as das RESTAS LEVANDO!! As practicamos de todas as maneiras!! As TICS tamén son unha grande axuda!!
E en torno á literatura o descubrimento das FÁBULAS encantounos!! Cantas MORALEXAS interesantes!!
Na biblio sempre xurden momentos moi chulis en torno á lectura!!
Temos máis cousiñas que contarvos que gardaremos para próximas entradas!! Por agora, toca repasar todo o anterior!!
Apertiñas motivadas!!
09 febreiro 2025
Obradoiro en Polos creativos!!
Ola peques e familias!!
O venres tivemos un obradoiro moi variado na aula de POLOS CREATIVOS!! Que sorte temos con todas as opcións que nos ofrece ese espazo!!
A profe tiña organizadas varias estacións polas que todos/as debiamos pasar!!
Había unha de TABLETS onde nos iniciamos na ROBÓTICA. A programación ofrece múltiples aprendizaxes matemáticos, de razoamento e de todo tipo!!
Para a lateralidade que adoita custarnos é unha actividade marabillosa!!
Tamén tiñamos outra de construcción co KAPLA!!
E dúas máis aproveitando o que trouxeran dous compis para compartir con nós!! As cartas de ESCOLA DE MONSTROS, coas que continuamos traballando as INSTRUCCIÓNS nos xogos e a memoria, entre outras cousas!! Grazas Hugo!!
E un ROBOT TELEDIRIXIDO que nos encantou!! Grazas Alén!!
Ao rematar, puidemos repetir as que máis nos gustaron!! Foi un ratiño moi divertido e produtivo no que o TRABALLO/XOGO EN EQUIPO foi a base de todo!!
Apertiñas creativas!!
07 febreiro 2025
Saímos no INFORMATIVO de Radio Carcamán!!
Ola peques e familias!!
Que ilusión nos fixo que no INFORMATIVO SEMANAL que fan os mércores os compis de quinto falaran da nosa actividade do DÍA DA PAZ!!
Como bos/boas reporteiras viñeron á nosa aula para recadar de primeira man a información necesaria para elaborar o guión do seu programa!!
Por certo, a unha delas coñecémola moi ben!! Especialmente o noso compi Leo!! Foi dobre ilusión que nos visitase!! Aquí vos deixamos o enlace para poder escoitalo:
RADIO CARCAMÁN - INFORMATIVO
Son uns auténticos/as ARTISTAS!!
Aproveito para recordarvos que no cole temos RADIO e TV CARCAMÁN e que podedes visitalos na súa canle de youtube!! Alí podedes atopar diverso contido moi interesante!! Animádevos a visitalas de cando en vez!! Non esquezades pasarvos tamén polo BLOG DE LIBRIA!!
Sempre ten cousiñas que contarnos!!
Aquí o enlace:
BLOG DA BIBLIOTECA
E, por se fose pouco, o cole ten INSTAGRAM dende fai uns meses!! Para os/as que aínda non o seguides... xa estades tardando!! Só tedes que buscar #ceiptorre.
E xa que estamos, un apoio ao novo instagram da ANPA tamén lle viría moi ben e moito o merecen!! Buscádeos por #anpa_osgolfinos. Agora si que esta entrada tan diferente chegou ao seu fin!!
Apertiñas mediáticas!!
02 febreiro 2025
Día da PAZ!!
Ola peques e familias!!
Por fin temos o vídeo do broche de ouro da celebración do DÍA DA PAZ!!
Realizamos unha actuación para todo o cole e.... acompañáronos "AS/OS AVOÍÑAS/OS" dos centros de día Lembranzas e Arousa en persoa!! VAIA SORPRESÓN!! No seguinte enlace de TV Carcamán tedes o vídeo!!
"UNINDO PAZ E TRADICIÓN"
Estamos moi agradecidos/as polo esforzo deles/as e de Valeria, Carolina e as súas compis!! GRAZAS SEMPRE!! E, por se fose pouco, dende Lembranzas agasalláronnos con estes carteliños cheos de PAZ para todo o cole!!
Ao día seguinte xa fomos a pegalos!!
Nós mesmos/as levamos "un cachiño de PAZ" tamén para as nosas casas!!
Foi unha xornada moi ESPECIAL!! Outra que sumamos á nosa mochiliña de aprendizaxes en valores e momentos compartidos!! Algunhas imaxes valen máis que mil palabras...
Apertiñas emocionadas!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Lectura a escuras!!
Ola peques e familias!! Un dos mellores momentos do Samaín é a actividade da LECTURA A ESCURAS en pixama na biblioteca!! Ao entrar xa nos ...
-
Bo día peques e familias!! O curso arranca e con el damos a BENVIDA a novas e novos peques en PRIMARIA cunha aula ben colorida!! Na clase...
-
Ola peques e familias!! Que emocionante é estar no cole dos maiores!! Cando xa conseguimos que os nervios vaian calmando e que a ILUSIÓN o...
-
Ola peques e familias!! Continuamos coñecendo máis sobre os ANIMAIS coas fotos das nosas MASCOTAS e ANIMAIS FAVORITOS!! Hoxe realizamos un...











































