Ola peques e familias!!
Seguimos con esta actividade na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e momentos nos que sentirnos IMPORTANTES!! O décimo protagonista da semana foi Iago!! Sempre comezamos compartindo cos compis a CAIXIÑA DA VIDA, na que incluímos cousiñas especiais para nós por diferentes motivos!!
Neste caso, moitos recordos bonitos de cando era bebé e tamén fotos importantes!! Ademais de obxectos especiais para el e os seus xogos favoritos!!


Trouxo tamén dous dos seus contiños favoritos!! Un deles lémolo entre el e a mestra e quedou na aula uns días porque nos encantou!!
Tamén nos presentou a parte da súa familia con dúas fotiños moi bonitas!! Foi unha gran casualidade que a súa "persoa favorita" estivera xusto de cumple!!
O que non esperaba era que a final de semana o visitaría na aula e quedara a merendar con nós!!
VAIA SORPRESÓN LEVOU!!

Grazas Iago por compartir todo con nós!! Esperamos que fose unha gran semana para ti QUERIDO PROTAGONISTA!!
Apertiñas emocionadas!!
A Lara gustoulle moito a Caixa da vida de Iago!! O q mais lle gustou foi o peluche ventilador 🤣
ResponderEliminarEncantoume a caixiña
ResponderEliminarda Vida de Iago ,pero sobre todo o libro de Wally.🖤💝
Amin me encantou que viñera Carmen e tamen o libro de Coco el cochino 🤣🐖💩, Vega ❤️
ResponderEliminar