27 febreiro 2026

Encántannos as matemáticas!!

Ola peques e familias!! 

Poderíase dicir que a materia de MATEMÁTICAS é das nosas favoritas?? Poderíase dicir!! Encántanos ir superándonos!! Cada día conseguimos retos maiores!! Xa somos uns EXPERTOS/AS en DECENAS!! Tanto que fai uns días chegamos aos 90 días de cole!!

 Pero o mellor foi cando no noso contador apareceu...a primeira CENTENA!! 

Celebrámola de diferentes maneiras pero unha que nos encantou foi a través da LECTURA!! Amaranta e Libria trouxéronnos uns contos que nos teñen enganchados/as!! 




Ademais, aparecen un montón de animais que tamén estamos traballando!! E ata atopamos símiles cos animais que presentamos na aula!!

 Nestas últimas semanas tamén demos pasiños comezando a sumar 3 números!! Utilizamos todos os recursos que temos na aula!!

E esta semana asumimos un RETO MAIOR!! A profe ensinounos a realizar SUMAS CON NÚMEROS DE DÚAS CIFRAS!! Temos tan controladas as DECENAS que colocar as SUMAS foi moi sinxelo!! A profe ata nos puxo RETOS máis complicados e os superamos!! Tamén nos presentou outro recurso: a TÁBOA DO 100!! Canto nos axudou!!


Outra cousiña que xa estamos traballando son os CARTOS!! Estes días as moedas e billetes de euro inundan a nosa aula!! Así que hoxe aquí quedan uns XOGOS para repasar!! 

XOGO 1

XOGO 2

XOGO 3
XOGO 4
XOGO 5
XOGO 6

E prontiño vos contaremos as visitas de dúas expertas neste tema!! Encántanos non deixar de aprender!! 

Apertiñas matemáticas!!

6 comentarios:

  1. Me encantan os euros en serio e🤑🤑🤑🤑🤑🤑🤑🤑🤑😽😽💝💖💟💌🤑🤑q

    ResponderEliminar
  2. Que guay cando chegamos a centena 🥳

    ResponderEliminar
  3. Lara Oubiña02/03/26, 05:49

    Q rápido aprendemos xa vamos a chegar as centenas !!! 🎉

    ResponderEliminar
  4. César Rial02/03/26, 06:54

    Gustaronme moito os xogos dos euros

    ResponderEliminar
  5. Xa case estou preparada para ir ó super eu sola cos cartiños 👛💸🤑

    ResponderEliminar
  6. Gustáronme moito os xogos profe Ali

    ResponderEliminar

Oitava protagonista da semana!!

Ola peques e familias!!  Seguimos con esta actividade  na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e m...