Como cada cambio de estación toca realizar unha actividade para introducila e comezar a coñecer cousiñas sobre ela!! Neste caso... CHEGOU O INVERNO!! Comezamos a falar de que pasaba nesta estación e saíron datos como os seguintes: FRÍO, NEVE, ÁRBORES SEN FOLLAS... Así que collemos toda esa información para partir de aí e aprender máis!!
Chegamos á conclusión que na nosa localidade non é habitual que neve. Tamén que hai árbores que quedan sen follas pero outras que as manteñen. Só precisamos observar ben as do noso patio... temos de todo!! Polo que aprendemos o seguinte:
Despois tocou poñernos creativos/as e trasladar todo o aprendido á práctica!! Fariamos unha actividade con témperas!! Como nos gusta!! Eleximos o tipo de follas que tería a nosa árbore e quixemos imaxinarnos que nevaría por riba del!!
Foi un momento moi divertido e quedaron unhas árbores estupendas!! Aquí tedes algunhas:
gustanme estes xogos.
ResponderEliminarEncántame estos xogos .Que divertido.🥰
ResponderEliminarGustame moito facer estos xogos 😊
ResponderEliminarCómo me gustan os xogos do blog, Vega Otero
ResponderEliminar