Ola peques e familias!! Despois das vacacións de Nadal e o noso querido día do Patrón chegou a volta ao cole!! Xa comeza o noso segundo trimestre en primaria!! Como pasa o tempo!! E para recibirnos tiñamos na aula varios agasalliños!! Unha postaliña e unha pegatina que nos regalou a mestra!! E tamén apareceu o mono Bono con dous agasalliños!! Os Reis Magos pasaron por 1ºB e saben moi ben o que nos gusta!! Estiveron observando que nos gustaba moito un puzzle con forma de estrada e os vehículos para xogar nel e trouxeron outros similares!! Encantounos e non tardamos en estrealo!! Ademais, a nosa compi Vega sorprendeunos cun paquetiño cheo de cousiñas recén chegadas de Bélxica!! Eran agasallos para o recunchiño de libros de diferentes países que estamos estreando na biblio do cole grazas ao proxecto deste curso: "Viaxe arredor do mundo"!! Libria poñerase moi contenta cando se entere!!

Sorprendeunos que tamén había moedas e billetes!! Eran pesos mexicanos!!
E aínda tivemos tempo para disfrutar de XOGO LIBRE!!Que ben comezou o trimestre!! Apertiñas emocionadas!!


Sorprendeunos que tamén había moedas e billetes!! Eran pesos mexicanos!!
E aínda tivemos tempo para disfrutar de XOGO LIBRE!!










Tiña moitas ganas de volver ao cole e de ver a profe Ali.
ResponderEliminarQue ben o pasamos no cole 😍🥰
ResponderEliminarQue ganas de volverche a ter na clase profe Ali, Ainda que a profe María tamen era moi boa ❤️,votabamostede menos. 😽
ResponderEliminar