22 novembro 2025

Terceiro protagonista da semana!!

Ola peques e familias!! 

Seguimos coa actividade na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e momentos nos que sentirnos IMPORTANTES!! Neste caso tocoulle a Lucas!!


Sempre comezaremos compartindo cos compis a CAIXIÑA DA VIDA, na que incluímos cousiñas especiais para nós por diferentes motivos!! Neste caso, unhas medallas, un peluchiño, o chupete e a roupiña de bebé, fotos importantes ou o xoguete e os seus dous contos favoritos!! 

Un deles o lemos na aula e aproveitamos para reflexionar sobre as nosas emocións!! 

 Ademais, Lucas presentounos a parte da súa familia!!

 Tamén o mono Bono aproveitou que este protagonista viaxou fai pouco a México e apareceu coa MALETA cargada de cousiñas dese país que xa comezamos a investigar!! Estade atentos/as a próximas entradas!! 

Esperamos que fose unha gran semana para ti QUERIDO PROTAGONISTA!! 

Apertiñas emocionadas!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Terceiro protagonista da semana!!

Ola peques e familias!!  Seguimos coa actividade na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e momento...