venres, 6 de xuño de 2025

Rematou a penúltima ronda de encargad@s!!

Ola peques e familias!! 
Agora si que si nótase que queda pouquiño que xa despedimos esta semana a penúltima RONDA DE ENCARGAD@S!! 
Desta vez, ademais das actividades habituais, a actividade especial foi escollida por el@s e quixeron traer o seu XOGUETE FAVORITO, recordando un pouco aquelas CAIXIÑAS DA VIDA que fixeramos en primeiro polos aniversarios. A profe engadiu un plus que sería traer tamén o seu LIBRO FAVORITO e deixalo uns días na BIBLIO DE AULA para que @s compis puidesen coñecelos e disfrutalos!! Aquí as súas estupendas eleccións!!
 A verdade que formamos unha biblio de aula moi interesante para as últimas semanas e descubrimos contos xeniais!! Así que toca apuntar ideas para as lecturas de verán ademais das que prontiño fará Libria como todos os cursos!!
Pero antes de rematar a entrada engadimos por petición popular estes tres contos que lles encantan!!
Esta semana xa comezamos a última ronda que está sendo moi diferente e emocionante!! Pronto vos contaremos!! 
Apertiñas responsables!!

1 comentario:

  1. Ola son Hugo gustoume moito os libros dos meus conpañeiros e tamen os xoguetes pero o libro que mais me gustou foi o dos chistes malos moi bos. Un saúdo.🤍🤍🤍🤍🤍🤍🤍🤍🤍

    ResponderEliminar

Aniversarios do terceiro trimestre e verán!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre festexamos os últimos ANIVERSARIOS do curso!! Comezamos cos de Álex, Carmen, Sofía e Icía que quixer...