luns, 5 de maio de 2025

Semana de CONCURSOS!!

Ola peques e familias!! 

Esta é unha semana de moitas emocións!! Levamos un tempiño levando a cabo no cole un TORNEO INTERNO DE XADREZ que xa ten os seus finalistas de cada aula!! E na nosa son... ÁLEX, SOFÍA E ROI!! 

Pero o mellor de todo é que este venres acudirán a Vilanova á FINAL con alumnado dese centro!! NORABOA polo conseguido e MOITA SORTE COMPIS!! 

Tamén pronto se saberá o GAÑADOR/A do CONCURSO DE PORTADAS PARA A REVISTA CARCAMÁN que se publicará dixitalmente o DÍA DAS LETRAS GALEGAS!! Sorte aos participantes da nosa aula!! Hai moita calidade e esforzo sen dúbida!! 

Seguiremos informando... 

Apertiñas emocionadas!!

2 comentarios:

  1. Ola son Hugo gustoume moito xogar o torneo de xedrez e boa sorte pos que gañaron Roi, Álex e Sofía. Un saúdo😉😉😉😉😉😉😉😉😉

    ResponderEliminar
  2. Moitas felicidades os nosos campeóns !!! Rita nai de Mía

    ResponderEliminar

Aniversarios do terceiro trimestre e verán!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre festexamos os últimos ANIVERSARIOS do curso!! Comezamos cos de Álex, Carmen, Sofía e Icía que quixer...