Ola peques e familias!!
Os OBRADOIROS dos nosos AVOÍÑOS e AVOÍÑAS están chegando ao seu fin pero aínda queda algún!! A finais de marzo visitounos a AVOA DE NORA que nos veu a falar da súa PROFESIÓN fai uns aniños: A COSTURA!!
Non só a escoitamos con atención, senón que puxemos en práctica moitas técnicas que nos ensinou!! Ata creamos a inicial dos nosos nomes que despois formaría parte da PORTADA dos traballiños do segundo trimestre!!
Tamén nos trouxo un agasalliño!! No seguinte enlace podedes ver todo!!
Uns días despois visitounos o AVÓ DE ÁLEX que nos falou da TRADICIÓN ORAL NA ILLA DE AROUSA!! Álex converteuse nun marabilloso entrevistador!!
Foi estupendo escoitalo e aprender tanto!! Tamén nos trouxo un agasalliño!!
No seguinte enlace podedes ver todo!!
Antes de marchar, démoslle o seu merecido DIPLOMA e un gran aplauso!!
Mil grazas polo voso tempo e adicación!!
E estades atentos/as
que aínda quedan os últimos!!
Apertas emocionadas!!
Ola son Hugo gustoume moito facer os obradoiros dos avós de Álex e de Nora. Un saúdo 😀😊😀😊😊
ResponderEliminarOla son Icía encantoume facer as floriñas que nos ensinou a facer a avoa de Nora e tamén me gustou a entrevista que lle fixo álex ao seu avó. Apertas.
ResponderEliminarHola son Enma, encantoume que os avos de Alex e Nora viñeran a contarnos cómo eran os tempos de antes. Gustoume moito facer a flor de papel coa avoa de Nora. Chao.
ResponderEliminar