domingo, 9 de febreiro de 2025

Obradoiro en Polos creativos!!

Ola peques e familias!! 

O venres tivemos un obradoiro moi variado na aula de POLOS CREATIVOS!! Que sorte temos con todas as opcións que nos ofrece ese espazo!! 

A profe tiña organizadas varias estacións polas que todos/as debiamos pasar!! 

Había unha de TABLETS onde nos iniciamos na ROBÓTICA. A programación ofrece múltiples aprendizaxes matemáticos, de razoamento e de todo tipo!! 

Para a lateralidade que adoita custarnos é unha actividade marabillosa!! 

Tamén tiñamos outra de construcción co KAPLA!! 

E dúas máis aproveitando o que trouxeran dous compis para compartir con nós!! As cartas de ESCOLA DE MONSTROS, coas que continuamos traballando as INSTRUCCIÓNS nos xogos e a memoria, entre outras cousas!! Grazas Hugo!! 

E un ROBOT TELEDIRIXIDO que nos encantou!! Grazas Alén!! 

Ao rematar, puidemos repetir as que máis nos gustaron!! Foi un ratiño moi divertido e produtivo no que o TRABALLO/XOGO EN EQUIPO foi a base de todo!! 

Apertiñas creativas!!

4 comentarios:

  1. Olá son Enma, encantoume todos os xogos, pero o que máis A.L.E.X. Descárgueino na tablet e no móvil de miña nai, e xa vou no nivel 10.apertas robóticas🤖🦿🦾🫂

    ResponderEliminar
  2. Ola son Hugo gustoume moito xogar o xogo de A.L.E.X. 🤖era moi divertido vou polo nivel 16. CHAO.🤖🤖🤖🤖🤖🤖🤖🤖🤖

    ResponderEliminar
  3. ola son icia gustoume xogar ao xogo de a.l.e.x. e tamen me gustou xogar ao kapla. saudos lectores

    ResponderEliminar
  4. Ola son Nora encantoume o xogo de A.L.E.X chao.

    ResponderEliminar

Aniversarios do terceiro trimestre e verán!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre festexamos os últimos ANIVERSARIOS do curso!! Comezamos cos de Álex, Carmen, Sofía e Icía que quixer...