martes, 11 de febreiro de 2025

Aprendizaxes variadas!!

Ola peques e familias!! 

Cantos temas novos temos entre mans!! Non deixamos de aprender!! Os animais e as plantas non deixan de sorprendernos!! Realizamos investigacións, esquemas, resumos, xogos, ditados, lecturas...estamos motivadísimos/as!! O libro de Amaranta sempre está presente!!

 E o encargado/a de cada semana debe debuxar ou realizar con mímica o seu ANIMAL FAVORITO para que os/as compis o adiviñen!!

Agora aquí queda un xoguiño:

FOLLA CADUCA OU PERENNE

No terreo matemático xa somos uns expertos/as das RESTAS LEVANDO!! As practicamos de todas as maneiras!! As TICS tamén son unha grande axuda!!

E en torno á literatura o descubrimento das FÁBULAS encantounos!! Cantas MORALEXAS interesantes!!

Na biblio sempre xurden momentos moi chulis en torno á lectura!! 

Temos máis cousiñas que contarvos que gardaremos para próximas entradas!! Por agora, toca repasar todo o anterior!!

Apertiñas motivadas!!

6 comentarios:

  1. ola son icia encantoume ler as fábulas con Mía e Vera e tamen encantoume facer as restas levando e gustaronme os dibuxos dos encargados estaban moi bonitos. saudos lectores.

    ResponderEliminar
  2. Ola son Leo gustoume moito facer esas actividades chao

    ResponderEliminar
  3. Noraboa a clase de 2A que traballa moito e moi ben 📚📚📚un saúdo, a nai de Hugo, a seguir traballando asi de ben👏👏

    ResponderEliminar
  4. Ola son Valentina, encantoooooooume ler a fábula con Enma. Quero volver a ler outra , chao

    ResponderEliminar
  5. Pero canto trabajan estes menos e nenas..... a ver si un día compartimos un tempiño de lecer na Biblio con vós.... aí o deixo caer... a mamá de Valentina

    ResponderEliminar
  6. Ola son Enma, encantoume ler a fábula con Valentina, gustaronme moito os debuxos dos compañeiros, e saenme moi ben as restas levando, hoxe fixen moitas restas levando na casa con meu pai. Chao.

    ResponderEliminar

Aniversarios do terceiro trimestre e verán!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre festexamos os últimos ANIVERSARIOS do curso!! Comezamos cos de Álex, Carmen, Sofía e Icía que quixer...