xoves, 30 de xaneiro de 2025

Preparando o día da PAZ!!

Ola peques e familias!! 

Hoxe conmemoramos o DÍA DA PAZ!! En segundo quixemos unir este día coa TRADICIÓN e cos "AVOÍÑOS/AS" dos centros de día cos que colaboramos (xa que son a mellor fonte de transmisión da mesma) para levar a cabo unha preciosa actividade!! Eleximos a seguinte canción e aprendémola!! Ensaiamos moito!!

O MUNDO É GRANDE

Despois a profe Patri axudounos a acompañala con instrumentos TRADICIONAIS!! 

Dende CARRIZOS que nós mesmos elaboramos, ata PANDEIRETAS, CASCABEIS e TRIÁNGULOS na aula de 2ºB!!


 Pero o mellor foi a colaboración dos CENTROS DE DÍA!! Grabamos a canción para poñer no timbre do cole e eles cantaron dúas das estrofas!! 

E elaboramos moitos CARTEIS relacionados coa actividade!! 

Pero faltaba o broche de ouro que foi hoxe, o propio DÍA DA PAZ!! Esperamos poder compartir pronto o resultado!!  

Apertiñas festeiras!!

9 comentarios:

  1. Ola son Carmen, encantoume cantar e tocar a canción " O mundo é grande". Chao🎼🎶🎵🎤🌏

    ResponderEliminar
  2. Ola a todos, que actividades tan bonitas para este día. Por favor que todos os días sexan como o 30 de Xaneiro, Día Escolar da NON Violencia e Paz. Gracias as profes e un saudo a todos. Bikiños, a nai de Hugo

    ResponderEliminar
  3. Ola son Rita que ben tocan e cantan estos nenos de primero 😍😍😍e que sorte poder contar co centro de día 😍saúdos Rita (nai de Mía

    ResponderEliminar
  4. Ola son Hugo, gustoume moito cantar a canción da Paz, O Mundo e grande!!.
    O mundo e grande como saberás e somos tantos quen nos contará cen mil maneiras de falar, cen mil maneiras de cantar e neste mundo, mesmo sol a nosa vida e danos calor os ventos sopran sen parar sexas da India ou Portugal e cada un nacerá no seu lugar será o que poida aprender BOMBEIRO SURFISTA OU CHOFER o mundo e grande xa cho dixen xa e ser distintos non e DIVERSIDAD do Polo Norte ata o Sur distintas razas ti veras.
    🪇🪈🎺🎻🎷 O mundo e grande ti mesmo veras e ser distinto non e casualidad, distinto pelo distinta cor os mesmos soños mesmo AMOR.
    O mundo e grande como saberas e somos tantos que nos contará cen mil maneiras de falar cen mil maneiras de CANTAR 🎵 🎶🎵🎶🎵🎶🎵
    Saudos

    ResponderEliminar
  5. Ola son Enma, encantoume a canción!!
    o mundo é grande como saberás
    e somos tantos que nos contará
    Cen mil maneiras de falar
    Cen mil maneiras de cantar….
    Encantoume celebrar así o día da Paz.
    Chao.✌️☮️🕊️

    ResponderEliminar
  6. ¡¡¡Olá son Valentina!!! Estaba moi nerviosa por ter que ler e cantar no dia da paz, pero despois cando vin os avoiños tan monos esperando por nos foronseme todos os nervios. Quero volver a cantar a canción todos os días no recreo. Un biquiño para todos. Chao ❤️🍀😻😍🥹🥰😍🥳😘🥰😍😎😎😎👱🏻‍♀️👱🏻‍♀️👱🏻‍♀️👱🏻‍♀️👱🏻‍♀️

    ResponderEliminar
  7. Sempre os sorprendedes e desta vez non ía ser menos…. Que gran iniciativa poder desfrutar dos maiores con esta convivencia para aprender de de moi pequeniño a RESPETAR primeiro os do noso entorno e así poder ter empatía o día de mañan , porque creo que ese é o gran Pilar que sostén a PAZ… a EMPATÍA…. Apertiñas para todos!!!María , a mamá de Valentina

    ResponderEliminar
  8. ola son Icia encantoume celebrar o dia da paz e cantar a cancion o mundo e grande e que nunca mais aya mais violencia. saudos lectores.

    ResponderEliminar
  9. Ola son Nora encantóume a sorpresa dos aboiños de o centro de día Arousa e do centro de día Lembranzas chao 🧑‍🦳🧓🧓😍😍🥰🥹

    ResponderEliminar

Aniversarios do terceiro trimestre e verán!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre festexamos os últimos ANIVERSARIOS do curso!! Comezamos cos de Álex, Carmen, Sofía e Icía que quixer...