Ola peques e familias!!
Despois de moitos días de preparación... chegou o esperado día de entregar e recibir os AGASALLOS da preciosa actividade do AMIG@ INVISIBLE!!
Xa nolo recordaron os elfiños!!
O novo ata se vestiu para a ocasión!!
A verdade é que costa gardar o segredo pero o fixemos tan ben que tod@s resultamos sorprendid@s!!
A entrega de agasallos foi moi emotiva!! Todo foron SORRISOS, caras de SORPRESA e moitas APERTAS!! Para mostra estas imaxes!!
E finalmente aquí vos descubrimos as parellas de "AMIG@S INVISIBLES" cos seus agasalliños!!
Cada un de nós tamén tiñamos unha postaliña para a mestra que se emocionou moito e... ela para nós!! Ah! E os elfiños tamén... nos fixeron rir moito!!
Que bonito momento pasamos!!
E cando pensabamos que non podía haber máis EMOCIÓNS tivemos a visita doutr@s AMIG@S INVISIBLES moi especiais!! Estes vídeos valen máis que mil palabras!!
Algúns avoíños e avoíñas do CENTRO DE DÍA LEMBRANZAS de Vilagarcía xunto con Carolina tiveron o detallazo de vir de sorpresa a visitarnos e pasar un ratiño con nós!! O primeiro foi un intercambio de agasallos que ambos nos tiñamos!!
Por suposto, fixémoslle o noso baile e despois bailamos tod@s xunt@s cancións moi navideñas!!
Outr@s que teñen moitísima marcha!! Alucinamos unha vez máis!! Pero sempre o mellor que compartimos foron os SORRISOS, as APERTAS, as EMOCIÓNS, as APRENDIZAXES e os VALORES!!
A emoción foi inmensa!!
Agora toca asimilar todo o vivido e prepararnos para as SORPRESAS que nos esperan os últimos días!! Apertiñas emocionadas!!
Ola son Hugo gustoume moito o xersei do elfiño e o amigo invisible ✌️ apertiñas travesiñas
ResponderEliminarhola son icia encantoume estar cos avoiños e avoiñas e tamen me gustou o do amigo invisible.
ResponderEliminarOla, unha mañá increíble a que pasamos os avoiños/as con todos vós. El@s son do máis felices compartindo tempo con vós e sempre me din que sodes uns nen@s moi cariños@s, bos e divertidos. Xa están desexando volver a vervos. Un biquiño moi grande de parte de todos el@s. Carolina.
ResponderEliminarhola son icia encantoume o dibuxo que me fixo martin e tamen me gustou o gersei do elfiño.
ResponderEliminar