xoves, 11 de abril de 2024

Experimentando cos materiais!!

Ola peques e familias!! 
Xa levamos uns días investigando e aprendendo sobre os MATERIAIS e que mellor forma que EXPERIMENTANDO!! 

Para introducir a xornada de experimentos comezamos recordando e analizando os materiais da "RECEITA" que nos propuxo o pai de Alén para facer FORMIGÓN!! 
Despois falamos sobre o resultado final e tivemos claro que para nós eran XEADOS!!
 Analizamos as súas CARACTERÍSTICAS/ PROPIEDADES: son duros e opacos, non son elásticos, adáptanse á forma do recipiente... saíron moitos datos interesantes!! 
  Pero isto non rematou aquí: seguindo o PROXECTO DESTE CURSO: BENESTART, enchémolos de CREATIVIDADE E MOITA COR coa axuda da mestra de plástica!! 
Creamos o "NOSO XEADO FAVORITO"!! 
Así quedaron!! 
Despois na aula continuamos traballando con eles ata que emprenderon a viaxe para as nosas casiñas!! Vaia actividades máis interesantes!!

A continuación a mestra, Amaranta e Luca tiñan preparada unha bolsa con diferentes obxectos que fomos sacando cos ollos pechados e intentando averiguar de que MATERIAIS estaban feitos e as súas CARACTERÍSTICAS/PROPIEDADES!! Foi moi divertido!! 

Fomos un pouquiño máis alá comprobando se os obxectos FLOTABAN, AFUNDÍAN, se DISOLVÍAN... algúns sorprendéronnos!!

A seguinte non é a mellor foto pero as caras son o reflexo da APRENDIZAXE a través da EXPERIMENTACIÓN, o XOGO e a DIVERSIÓN!! 
Os xogos online tamén nos molan moito tanto de maneira individual como en equipo!! Podedes atopalos na ENTRADA ANTERIOR e xogar máis na casa cando queirades!! E así... repasamos!!
 Apertiñas creativas!!

3 comentarios:

  1. Que mellor maneira de aprender que experimentando! 👏🏼👏🏼👏🏼 (mama de Sofía)

    ResponderEliminar
  2. Hola, son Enma. Encantoume o xogo de adiviñar os obxectos cos ollos pechados. A min tocoume un palillo dos dentes. Este é de unha matéria natural de ORIXE vexetal como é a madeira.Ata a próxima.🥢🧜🏻‍♀️🐨✨🌟⚡️💫🌈💋🌷🪷💃🌌😇🌄🎆🎇🌠🌅👨‍👩‍👧🧚🏻‍♀️🌺🌸⚡️🌈🌹😍🧝🏻‍♀️👰🏼‍♀️👼🏻🤰🧖🏼‍♀️🐵🙈🙉🙊🐰🐹🐭🐼🐻‍❄️🐮🐷🐻🐱🦁

    ResponderEliminar
  3. Encántame facer experimentos!!! Na casa despois de comer sempre fago algum cá bebida e comida que sobra 😍😍🥰🥰❤️❤️❤️❤️❤️❤️ VALENTINA

    ResponderEliminar

Figuras planas e corpos xeométricos!!

Ola peques e familias!!  Hoxe toca repasar as  FIGURAS XEOMÉTRICAS  PLANAS básicas!!  Agora tócavos crealas neste XEOPLANO!!  XEOPLANO   E ...