martes, 26 de marzo de 2024

Últimas actividades chulas do 2º trimestre!!

Ola peques e familias!! 

Este fin de trimestre deu para moito!! Para conmemorar o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, realizamos unha nova SAÍDA ao CENTRO DE DÍA da Illa de Arousa, para agasallar aos avoíñ@s con murais, poemas escritos e recitados  e moitas cousas máis sobre a autora!! Que felices os fixemos!! 

El@s tamén nos sorprenderon cunha merendola e un agasalliño!! 

Polo camiño aproveitamos para encher a Arousa de POESÍA!! E ata recibimos algo doce!!

Tamén recibimos no cole unha DORNA QUE APADRIÑAMOS este curso cun fin que desvelaremos no DÍA DAS LETRAS GALEGAS moi ligado ao noso PROXECTO DE ARTE E CONVIVENCIA!! 

Polo de agora... deixámovos unhas pistas dos preparativos!! 

E a última SAÍDA do trimestre organizouna o noso amigo Xelo, o carteiro xurelo!! 

Visitamos a AULA DO MAR e coñecemos moito máis do medio onde vive!! 

E tamén nos tiña preparadas dúas GRANDES SORPRESAS!! A primeira foi unha aventura coas GAFAS 3D!! Impresionantes!! 

A segunda foi a visita da nai de Valentina que nos veu a contar a súa PROFESIÓN DE MARISCADORA!! 

Aprendemos un montón e marchamos cargadiños de agasallos!! Vaia sorte!! 

Pero aínda quedaba a última parte!! Parada no Regueiro para merendar e... xogar un ratiño!!

E volta para o cole a disfrutar dos últimos días do trimestre!! 

Atent@s á seguinte publicación!! 

Apertiñas emocionadas!!

2 comentarios:

  1. Que excursiòns tan chulas, divertidas e con moitas aprendizaxes.Pero sobre todo quedo alucinada con esos debuxos de dornas tan increíbles!Carolina( mamá de Enma)⛵️⛵️⛵️⛵️

    ResponderEliminar
  2. Son uns artistas eses debuxos están moi ben feitos.felicidades peques.

    ResponderEliminar

Unidades de medida - Peso

Ola peques e familias!!  Hoxe toca repasar...  AS UNIDADES DE PESO !!  Aquí quedan varios xogos! XOGO 1 XOGO 2 XOGO 3  Adiaaaaaante!!  Apert...