xoves, 8 de febreiro de 2024

O MECO continúa!!

Ola peques e familias!! 

O martes, ademais do anterior, o pescozo decorado e un peinado tolo tocaba!! Ata @s mestr@s se uniron á tolería!!

Pero se a cousa quedase aí... o mércores farrapos e liborios de cara tapada encheron o cole!! A ver se adiviñades quen está en cada fotiño!! Contádenos en comentarios como foi!! 

Foi moi divertido ir ás outras aulas a intentar averiguar quen se escondía destrás das máscaras!!

E como molou o xoves vir co noso disfraz FAVORITO!! 

Que vos parece se vos dicimos que tamén aproveitamos para repasar os ANIMAIS?? Icía e a súa familia ademais, puxéronnolo moi sinxelo... mirade, mirade!!

Por suposto, xuntámonos cos compis de 1ºB!!

 Unha vez máis @s mestr@s tamén se animaron e ata nos venderon xeados!!

Aquí non se perde ningunha ocasión e a profe Ali sacou as moedas para que puideramos practicar con elas, ademais de inglés e, por suposto, MERCAR UN BO XEADIÑO!!

Rematamos cuns POSTRES TÍPICOS DE ENTROIDO que trouxeron uns compis para compartir!! Non dou tempo ás fotos do ricos que estaban!! GRAZAS FAMILIAS!!

E a cousa non remata aquí!! Amaranta chegou cunha carta contándonos que como se apraza o DESFILE... mañá FESTA DE PIXAMAS toca!! E con actividade especial!! Que será, será?? Mañá máis e mellor!! 

Apertiñas festeiras!!

4 comentarios:

  1. 🎭🎭🎭 Pero que ben o pasan os nen@s de 1A no entroido. Nos seus sorrisos re o ben que o pasan no cole 👏👏👏👏 BRAVISISIMO!!! Gracias por ensinarmos todo o que fan 😍😍 A nai de Hugo

    ResponderEliminar
  2. Pero que ben o pasan estés nenos!!!! Están todos guspisimos e súper simpáticos!!! Eu tamén quería ir disfrazada con eles!!!! Que ven o ía pasar 🥰🥰🥰 Mamá de Valentina ❤️❤️❤️❤️

    ResponderEliminar
  3. Que semana máis divertida, o entroido é a mellor época do año, podes poñerte na pel de quen queiras! E sen dúbida moi complicado adiviñar quen estaba debaixo de esas máscaras de liborios.🥸💃🧑‍🎨🥸😇🤡🤠👽🤖👮🏼👩🏼‍🚒🦹🏼‍♂️🦸🏼‍♀️🧝🏻‍♀️🧞‍♀️🧛🏿‍♂️

    ResponderEliminar
  4. Encantoume facer a actividade sorpresa.Icia

    ResponderEliminar

Recomendacións lectoras para o verán!!

Ola peques e familias!!  Libria preparou como todos os cursos unhas RECOMENDACIÓNS LECTORAS para seguir disfrutando da lectura no verán!!  A...