Hoxe tivemos un obradoiro moi da nosa localidade!! Do mar á aula chegou a nai de Carmen!!
Viña cargadiña de historias, fotos, vídeos e bolsiñas cheeeeeas de cousas!!
O primeiro que nos explicou foron os pasos do traballo que realiza xunto co pai e o avó de Carmen!! Primeiro colocan a cría do MEXILLÓN que...sabedes?? É do tamaño dun gran de arroz!! O máis pequeniño da foto...
E, por suposto, toda a maquinaria que é impresionante!!
Ata unha tirolina inventou o pai de Carmen para trasladar os sacos!!
Tamén o importante que é o traxe!! E non vos podedes imaxinar a cantidade de animais que aparecen xunto aos mexillóns a diario!! Dende CARAMECHAS que comen mexillóns e ameixas, ata arneiróns, ourizos, cangrexos ou pateiros....
Sen olvidarnos de dous moi parecidos que hoxe aprendemos a distinguir!! As ZAMBURIÑAS que teñen dúas "orellas" e as VOLANDEIRAS que só teñen unha!!
E das orellas...ás BARBAS do mexillón!!
Que interesante todo e canto aprendemos!! Ata a profe non parou de apuntar cousiñas!!
Pero o mellor estaba por vir!! Trouxo a proba do que cultiva e recolle!! Estaban deliciosos!!
Xa temos unha nova IDEA DE MERENDA SAUDABLE!! Un bo bocadillo de pan 100% integral con mexillóns ou de calquera conserva!! UMMM!!
E se non chegara con ese agasallo.... había máis!! Para a aula dous contiños moi interesantes e divertidos!! Como nos gusta un libro como agasallo!!
Encantoume comer os mexillons, xa teño ganas de mais.🕵👳👮👷💂Breixo
ResponderEliminarA min tamen me gustaron moito os mexillons e mais o regalo que nos trouxo a nai de Carmen. As veces EU tamen merendo bocadillo integral con alcriques (agujas 😂) Foi todo moi divertido e que tantas cousas aprendemos. HUGO
ResponderEliminarQue ricos están os productos do mar. 💦🦀🐚🐙🦑🐟🦪🦈🛥️🚤⛴️⛵🛶🌊🏄♂️💦
MEXILON DE GALICIA - GALICIA CALIDADE. A mamá de Hugo 😍😍
ResponderEliminarFoi unha mañá moi bonita, que me encantou compartir con tod@s. Sodes uns nen@s maravillos@s!!! Espero que o pasasedes tan ben coma min. Graza profe Alicia. Vicky, mamá de Carmen 🥰
ResponderEliminarQue bonito e poder traballar todos os dis mirando o mar… sentir as ondas e esa brisa con olor a sal… gracias Vichy por ensinarlles o bonito pero tamen diro traballo do Mar 🥰❤️🥰❤️🥰❤️ Mamá Valentina
ResponderEliminarUn oficio moi do noso pobo e arredores. Ainda que os maiores coñecemos bastante de cerca o funcionamento e traballo nas bateas é moi bonito que os nosos peques vexan e sepan as fases desde que se recolle a mexilla nos cons con todo o perigo que conleva ata que o producto chega enlatado á mesa como eles viron na clase e paladearon. Moitas gracias Vicki por espoñerllo dunha maneira tan fácil e divertida xa que Nora veu encantada e contándome todo punto por punto o que dixestes... agora sólo lle quedan as clases prácticas cando sexa maior e seguro que esas non lle van gustar tanto... jejeje a mamá de Nora
ResponderEliminarGracias a vicky por acercarlle aos nenos/as este ofício tan bonito da nosa Illa pero a vez tan duro. O mexilón e o ouro negro do noso mar. É un alimento 10 que temos que apreciar e valorar! E sobre todo porque está para chuparse os dedos!!
ResponderEliminarCarolina(mamá de enma)