luns, 29 de maio de 2023
Repasamos matemáticas!!
Ascendente o descendente
Qué número falta
Qué número continúa
Representación pictórica y simbólica
Correcto o incorrecto
Juego 1
Saída con patinetes!!
Ola peques e familias!!
As SAÍDAS na nosa aula
xa son habituales,
canto APRENDEMOS!!
Pero @s mestr@s nunca
deixan de sorprendernos!!
Desta vez fomos ata a praza do Regueiro a realizar unha CARREIRA DE ORIENTACIÓN sobre Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas e o aventureiro profe Toño propúxonos ir en...PATINETE!!
Así que organizamos todo coa axuda das nosas familias e alá fomos!! No seguinte vídeo o profe Toño recolleu toda a nosa AVENTURA!!
Como vedes aproveitamos que tiñamos esta novidade no cole para sacarlle o máximo proveito e tamén fomos moi responsables, xa que as actividades o requerían!!
Sabedes un segredo??
As actividades molaron moitísimo, pero o tempo libre no parque tod@s xunt@s tamén nos encanta e é un momento moi enriquecedor!!
Aínda nos dura a emoción e non sei por que nos da que @s mestr@s de seguro que xa están argallando a seguinte!!
Esperamos ilusionad@s!!
Apertiñas aventureiras!!
sábado, 27 de maio de 2023
Temos HORTIÑO no cole!!
Ola peques e familias!!
Despois da INAUGURACIÓN
do noso HORTO ESCOLAR
coa PLANTACIÓN...
hai que coidalo e esta semana
tocounos a nós!!
Regar, mantelo coidado e limpo...
Mirade con que coidado, traballo en equipo e entusiasmo o facía un grupiño que grabamos con cámara oculta!! Jiji!
Ademais diso, aproveitamos para plantar unhas sementes de nésperas que estaba merendando a profe Patri un día....
Se nacen teremos que transplantalas!!
Que pasará??
Toca esperar....
Mirade os resultados polo de agora!!
Vai fenomenal!!
Como as LEITUGAS xa se podían colleitar pero non daban moito xogo soas....decidimos aproveitalas organizando unha
MERENDA CON VEXETAIS!!
Cada un a completou co que máis lle gustaba...mirade, mirade e collede ideas!!
Que variedade!!
Pero adiviña, adiviñanza...cal é a da profe que xa aparece coa LEITUGA incorporada?? Esta!!
Contámosvos os PASOS para que chegase aos nosos tuppers!! Recolectala, lavala, escurrila, cortala e...engadila!!
UN GRAN TRABALLO EN EQUIPO!!
Grazas profe Susi pola axuda!!
E que quedaba?? PAPALA!! Aquí van as impresións dos agricultores e agricultoras!!
Como nos encantou a idea...
non só queremos repetir senón que xa collemos na biblio uns libros de RECEITAS moi interesantes para a aula!!
Pero a aventura do HORTO non remata aquí...estade atentas e atentos!!
Apertiñas vexetais!!
mércores, 24 de maio de 2023
Máis actividades de biblioteca!!
Ola peques e familias!!
Libria e a profe non paran de sorprendernos argallando cousiñas moi chulas!! Fai uns días tivemos a VISITA DUNHA AUTORA!! Clicade neste enlace e poderedes vela!!
BLOG DA BIBLIOTECA
Tamén nos chegou unha
CARTA cun paquetiño...
... que o encargado e os seus axudantes non tardaron en abrir e ler!!;)
Era unha OBRA DE TEATRO titulada "AS COUSAS DE DON PACO" e o mellor...sabedes quen a escribiu?? A mesmiña autora que nos visitou!! Alucinamos!!
Non para de "DARLLE AO LAPIS..."
Así que fomos para a biblioteca, repartimos as divertidas PERSONAXES amigas de DON PACO, preparamos as nosas dotes de interpretación e...a REPRESENTAR!!
xoves, 18 de maio de 2023
Publicación da Revista Carcamán!!
Ola peques e familias!!
Onte foi un GRAN DÍA!!
Ademais de festexarse o
DÍA DAS LETRAS GALEGAS...
por fin se publicou a
REVISTA CARCAMÁN!!
A NOSA REVISTA!!
Primeiro aparece nun ENLACE de máxima calidade onde podedes acceder premendo a moito do contido e despois nun vídeo que tamén é chulo velo!!
REVISTA CARCAMÁN
Tamén vos deixo unha PRESENTACIÓN de todas as PORTADAS presentadas porque merece a pena velas!! Hainas chulísimas!! BO TRABALLO, NORABOA A TOD@S @S PARTICIPANTES!!
CONCURSO DE PORTADAS 2023
Sabedes que SORPRESA tivemos tamén?? XOGOS POPULARES no patio!!
A nosa lingua non trae máis
que boas cousas!!
Apertiñas galegas!!
domingo, 14 de maio de 2023
Semana intensa das LETRAS GALEGAS!!
Ola peques e familias!!
Esta semana espéranos unha apretada axenda!! O luns comezamos coa EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO!! Pronto vos contaremos como nos foi!!
Tamén temos un día festivo no medio da semana porque se festexa o DÍA DAS NOSAS LETRAS!! O DÍA DAS LETRAS GALEGAS!! Este ano adicado ao tan coñecido xa por nós...
DON PACO!!
Que en realidade...
como é o seu nome completo??
Intentade escribilo en comentarios!!
(Acordádevos da tilde e as maiúsculas).
O primeiro que descubrimos del foi a un dos seus AMIGOS ESPECIALES que ten que ver moito co PROXECTO deste curso!! El é DONLAPIS!! O lapis que o acompañou toda a súa vida.
Tamén o incluímos nas PORTADAS do concurso da REVISTA CARCAMÁN!! Aquí @s valentes participantes da nosa aula!!
E xa hai gañadora!!
Este curso...unha compi de cuarto!! Pronto se publicará a REVISTA completa con todos os traballiños!!
E para rematar...
un pouquiño da vida de DON PACO en forma de CONTO con misterios que resolver!!
O MISTERIOSO SALOUCO DE DON PACO
E uns xogos!! Seredes capaces de resolvelos coa axuda da vosa familia?? Aaaadiante!!
XOGO DON PACO
PASAPALABRA DON PACO
Apertiñas lingüeteiras!!
xoves, 11 de maio de 2023
Libria propúxonos un NOVO RETO!!
Ola peques e familias!!
O 23 de abril festéxase o DÍA DO LIBRO e con ese motivo chegou unha CARTA ESPECIAL DE LIBRIA!! Propoñía 2 RETOS de todo o cole que xa están
SUPERADOS!!
Para o primeiro...tivemos que AFINAR A VOZ!! Foi precioso!! Mirade no BLOG DA BIBLIO:
PRIMEIRO RETO: A CANTAR!!
No segundo...tocaba DARLLE AO LAPIS!! Pero desta vez debuxando...
SEGUNDO RETO: A ILUSTRAR!!
Non vos parece IMPRESIONANTE O RESULTADO?? Tedes as ILUSTRACIÓNS expostas no exterior da biblioteca. Podédelas visitar á entrada ou á saída!!
E para que siga a FESTA DOS LIBROS...tivemos dúas actividades na biblio xeniais!! A primeira tédela no seguinte enlace:
A XANELA DO MAXÍN: SORPRESAAA!!
A segunda foi á visita dunha importante ESCRITORA!! Prontiño teredes novas no BLOG DE LIBRIA!!
Polo de agora recordar que...
"UN DÍA SER LER E ESCRIBIR,
É UN DÍA PERDIDO".
Apertiñas lectoras!!
venres, 5 de maio de 2023
Un obradoiro máis!!
Ola peques e familias!!
Terminamos a semana cun OBRADOIRO superinteresante de dous traballador@s do MAR!! Viñeron a mami e o papi de Irina!!
Xa alucinamos só entrar xa que traían un RAÑO enorme!! Unha MÁQUINA moi interesante!! Explicounos como o usaban e o importante que era estar sans e fortes!! Probamos a levantalo...como pesaba!!
Tamén nos falaron da importancia da formación para o seu traballo!! E mencionaron moito dúas cousas: o TRABALLO EN EQUIPO e a LIBERDADE!! Que dúas cousas tan bonitas e interesantes!!
El@s adoitan coller AMEIXAS E BERBERECHOS, tanto na Arousa como na zona de Noia e van en lancha!! E sabedes que?? Trouxeron destes últimos para probar!!
Alucinamos co ricos que estaban!! Algúns/algunhas nunca os probaramos!! Vaia descubrimento saudable!!
E por se fora pouco...
tiñan outra sorpresiña para nós!!
Para despedirnos non podían marchar sen o DIPLOMA supermerecido!!
Moitas grazas por todo familia!!
E cunha SORPRESA despedimos a semana...chegou unha CARTA!! Trasti adiantábase á profe e contábanos que tiñan planificada unha EXCURSIÓN DE FIN DE CURSOOOOO!!!!! Estamos alucinad@s!!
O que non sabemos é se ESCRIBIRÍAN A CARTA cunha das MÁQUINAS DE ESCRIBIR ANTIGAS que temos no noso MUSEO!! Jiji!
Pronto saberedes máis!!
Apertiñas viaxeiras!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
A biblioteca galáctica contra a IA fantástica!!
Ola peques e familias!! O título desta entrada correspóndese co do libro que nos agasallou LIBRIA e no que se basea a OBRA DE TEATRO á que...
-
Ola peques e familias!! Nas LINGUAS estamos avanzando un montón na aprendizaxe da ORTOGRAFÍA, tan importante para unha CORRECTA ESCRITURA!...
-
Ola peques e familias!! Como sabedes, esta semana comezou cunha visita moi, pero que moi especial!! Despois de todo o curso inmersos na ART...
-
Ola peques e familias!! Vaia dous días de emocións levamos!! Onte antes da festa de pixamas recibiamos unha CARTA moi especial!! Xa facía u...