mércores, 8 de marzo de 2023

Os RETOS non paran!!

 Ola peques e familias!! 

Fai uns días apareceron unhas boliñas moi monas na nosa aula... 

Traían un CONTO con elas e un RETO que nos costa moito...O SILENCIO cando traballamos, xa que ese é un dos seus SUPERPODERES!!

Descubrimos que se chamaban "CRIATURAS SILENCIOSAS" e decidimos axudarnos mutuamente!! 

Cal é a vosa favorita?? 

Contádeo en comentarios!!

De feito, ao día seguinte xa apareceron nas nosas mesas para acompañarnos!!

Viñéronnos xenial porque levamos unhas semanas moi ocupadas cheas de RETOS!! E sabedes o mellor?? Que non paramos de GAÑAR INSIGNIAS!! 

En todos están presentes os CONTOS!! Neste caso, os da COLECCIÓN "POLO CORREO DO VENTO" onde se atopan amig@s de Amaranta, Xelo e Carola!! 

Emocionámonos moito e, 

aínda que era un RETO XIGANTE,  

puxémonos enseguida MANS Á OBRA!! 
Buscando todo o que nos 

mandaba moi concentrad@s...

 saíron resultados estupendos 

coma estos!! 




Pero isto non para e na BIBLIO 

chegou o seguinte RETO!! 


Vaia SORPRESA!! 

O CONTO e a AMIGUIÑA 

CARTEIRA que nos faltaba

VIOLETA, A BOLBORETA!! 


Ademais, viña cunha INSIGNIA 

moi simpática e con DOBRE RETO 

relacionado co noso libro 

de LINGUA, que casualidade!! 

Así que non perdemos o tempo e procedemos á lectura do conto!! 

E despois...do POEMA!! 

Tocaba aprendelo!! 

Aquí tedes un dos primeiros ensaios!! Para o tempo que tivemos fixémolo xenial, non vos parece?? 

Temos moito máis que contar!! 

Estade atent@s!! 

Apertiñas lectoras!!

3 comentarios:

  1. Ola son Martín, encantanme os retos. A miña criatura silenciosa favorita e Ira. Moitas apertiñas silenciosas.🤐🤫🤫🤫🤫🤫🤫🤫🤫🤐😁

    ResponderEliminar
  2. Ola, son Óscar. Gustaronme moito os retos. Por certo a miña criatura silenciosa favorita é Ale. Apertiñas silenciosas. 😁😁😁🤫🤫🤫🤫🤐🤐🤐🤐

    ResponderEliminar
  3. Ola, son Emma .Encantoume o libro e a miña criatura silenciosa e Amu. Apertiñas.❤❤❤💕💖

    ResponderEliminar

Despedimos o curso!!

 Ola peques e familias!!  Aproveitando que as tecnoloxías xa deixan resumimos nunhas fotiños e vídeos o ben que o pasamos na despedida do cu...