xoves, 30 de marzo de 2023

Festa, festa...sempre queremos festa!!

 Ola peques e familias!! 

Na nosa aula sempre celebramos todo o que podemos!! E o final de trimestre é unha ocasión especial!! Así que despois dunha GRAN SAÍDA POLO DÍA DA POESÍA e un OBRADOIRO moi interesante dos que pronto teredes novas por aquí... chegou o DÍA DA FESTA!!

A FESTA DA PRIMAVERA!! 

Como en toda boa festa 

houbo PHOTOCALL!! 

E feito por nós!! 




Tamén comida rica 

música divertida!! 

E non podía faltar o...

XOGO LIBRE!! 

Pero o que non sabiamos é que quedaban dúas SORPRESAS!! 

A primeira foi que nos visitaron as nosas MADRIÑAS LECTORAS Irene e Cris para prestarnos uns libros de MULLERES EXTRAORDINARIAS xa que saben que estamos traballando niso!! Sabedes quen era unha delas?? Rosalía de Castro!! E aproveitamos para darlle un pouco de cor ao braciño lesionado de Cris!! Despois...mirade quen nos esperaba!!


Primeiro a ENCARGADA leu a CARTA que viña cargada de INSIGNIAS!!

Unha era dun PERSONAXE SECRETO e viña con RETO ESPECIAL!! Quen será? Que terá de especial? Como se chamará? 

A nós...recordounos a un LAPIS que tiña "Francisco Fernández del Riego", o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas!! "Don Paco" seguro que ten algunha PISTA!! Así que a INVESTIGAR!! 

Se descubrides algo non llo contedes a ninguén, só aquí nos comentarios!!

E para rematar o día...tamén nos trouxeron uns AGASALLAZOS!! Claro...ao andar TRASTI polo medio!! Que ilusión nos fixo volver a velo!! 



Quedades encargad@s da investigación e de gozar moito das VACACIÓNS!! 

Apertiñas!!

7 comentarios:

  1. Ola, son Emma. O lapis chámase Donlapis e acompañou a Paco desde que tiña catro anos. Apertiñas! 🤐

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Son Sira e gustoume moito a festa e ver a Trasti. Chao 🥳

      Eliminar
    2. Ola! Son Sira J. EMMA COMO DESCUBRICHES TODO ESO?!!!!!!! Como busco todo esto?Busquin de todo e non me saleu nada! APERTIÑAS INVESTIGADORAS❤️❤️🤔🤔. Ai! É recordade que sempre hai que…..darlle ó lápis Rosalía! ✏️

      Eliminar
  2. Ola son Sofia...O lápis chámase Don Paco e escribeu "Poesia galega"...apertiñas...🤗

    ResponderEliminar
  3. Donlapis é un personaxe da obra de teatro "As cousas de don Paco".

    ResponderEliminar
  4. Ola , son Mariña.O lápiz e una árbore .Bicos✏✏.

    ResponderEliminar
  5. Ola, son Óscar. A persoaxe chámase Donlapis e sae no libro As cousas de don Paco. Apertiñas.🙂🙂🙂🙂🙂🙂🙂🙂😁😁😁😁😁😁😁😁

    ResponderEliminar

Excursión de fin de curso!!

Ola peques e familias!!  Chegou o mes de maio e nós xa comezamos a ser conscientes de que o curso está chegando ao seu final e que mellor ma...