mércores, 15 de febreiro de 2023

Chegaron os MANDADIÑOS do MECO!!

 Ola peques e familias!! 

O MECO xa chegou 

cos seus MANDADIÑOS!! 

E polo de agora o estamos 

facendo perfecto!! 

O LUNS...convertímonos en marabillos@s COCIÑEIR@S co noso MANDIL!! 

O MARTES tocou sumarlle o PIXAMA e os CALCETÍNS POR FÓRA!! 

A mestra pediulle ás nosas familias de SORPRESA que trouxeramos unhas LANTERNAS!! 

Amaranta esperounos así!! 

Parecía que quería unirse ao plan...

A mestra non perde unha oportunidade!! Sabedes que se lle ocorreu?? Facer unha FESTAZA DE PIXAMAS DA LECTURA!! Así que preparámonos para ir á BIBLIO e compartila cos nosos PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS!! Foi xenial!! ;) 


Gustounos tanto a experiencia e o encontro cos maiores que non queriamos despedirnos!! GRAZAS COMPIS!! 


Pero o MECO continuou o MÉRCORES con todo o anterior e...os LIBORIOS ou CHOQUEIROS!! 

Quen é quen??

Un en particular 

asustounos un pouco!! 

Pero pronto 

o recoñecemos!! 

Quen é??

Traballamos moito os pasados días coñecendo máis desta personaxe para a procura da recuperación desta TRADICIÓN da AROUSA!! 

Tivemos a gran axuda da nosa mestra de prácticas que é da Arousa e tamén de varias familias!! Grazas!! 

                                        

Aquí temos á curmá de Sira e ao avó de Óscar!! É o do ollo azul!! 

E moita información chegada das casas!! 

E despois de moito investigar...apareceu Amaranta para felicitarnos por acertar e para "collernos prestados" uns cantos frecos para o seu LIBORIO!! 

E vós familias, sabiades 

que era un LIBORIO??  

Esperamos os vosos comentarios!!

E o MECO siguee!! 

Mañá DISFRAZ LIBRE!! 

Iuuuhuuu!! 

Apertiñas entroideiras!!


1 comentario:

  1. Ola, son Óscar. Gustoume moito ir disfrazado ao cole, sobre todo o xoves que foi disfraz libre. Apertiñas entroideiras.

    ResponderEliminar

Excursión de fin de curso!!

Ola peques e familias!!  Chegou o mes de maio e nós xa comezamos a ser conscientes de que o curso está chegando ao seu final e que mellor ma...