mércores, 21 de decembro de 2022

Preparando o Nadal con ilusión!!

 Ola peques e familias!!

Estes días son un non parar!! 

E todo...con Trasti de por medio, claro!! Esta semana apareceu para felicitar á profe Belén pero...xa argallou unha!! Lede esta carta!! 


Compuxo unha CANCIÓN para nós!! Pero o mellor...é que a meteu no noso libro!! Nunca deixará de sorprendernos!! 

E ademais...era un pouco surrealista pero moi divertida!! Como case todo o que fai el!! Jiji!! O mellor de todo é que rematou con algo importante...preguntándonos cal é o noso DESEXO PARA O NOVO ANO, coa condición de que non fose nada material! 

Saíron cousas PRECIOSAS!! Faládeo cos peques, pódovos asegurar que merecerá a pena!! E os vosos desexos familias...animaríadesvos a compartilos con nós en comentarios? Encantaríanos lelos na aula á volta!!

Estiveron moi presentes as familias 

neles e ata na data dese día!! 

En Nadal estades atent@s que haberá entradas novas nas que vos contaremos as últimas trasnadas e cousiñas chulas que quedaron pendentes!!

Mentras nós seguimos traballando pero con moita motivación navideña!! 

Por exemplo... decorando os nosos 

"SOBRES REUTILIZABLES" 

para os boletíns das notas!!

Despedímonos moi "juapiñ@s"!! 

Que ilusión nos fixo vir así ao cole!!





Ata as mestras se animaron!!

Apertiñas navideñas!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Revista Carcamán!!

Ola peques e familias!!  Un curso máis coa chegada da SEMANA DAS LETRAS GALEGAS publícase a esperada revista do cole: a REVISTA CARCAMÁN!!...