luns, 19 de decembro de 2022

O elfiño Trasti non para!!

 Ola peques e familias!! 

Imos bos de TRASNADAS estas semanas pero recoñecemos que o pasamos pipa e sempre estamos desexando chegar ao cole para ver que armou TRASTI!!  

Como "coller prestado" o boneco de neve do piso da profe Ali e traérnolo para a aula!! 

Agora temos unha decoración preciosa...pero vaia susto levou a mestra!! Outros días escóndese e para atopalo... 


E nos seus xogos sempre 

arma algunha!! 

Menos mal que despois sempre recolle e ata se pon a descansar tranquilamente!! Serás....

 A Amaranta non sabemos se a volve toliña ou se lle gusta unirse ás súas ocurrencias!! Un día cambiounos os mandilóns de percheiro!! E pillámola coas mans na masa!!

Por certo, como vos dixemos ao comezo, TRASTI se chama o noso ELFO despois de facernos ese encargo nunha carta cun sustiño se non o faciamos!! 


E como ben di...

encargo e SORPRESA!! 

Xa que ese día apareceu cun AMIGUIÑO desta guisa!! Colgados da nosa decoración!!



Facendo piruetas!! E despois...

querendo parecer formaliños!! 


Para despois...escapar 

e colgarse fóra!! 

Son tremendos!!


Xuntos si que as lían ben!! 

Ata se querían ir de viaxe en camión 

con Amaranta e Embudina!!


Pero recoñecemos...que tamén 

nos están axudando a decorar 

o corredor!!

Con esta ÁRBORE preciosa e con palabras moi importantes nestas datas!! 

Pero, coma sempre...deixando algo tirado despois de non parar de xogar nin un minuto!


Ou coas letras do CARTEL de BO NADAL que tivemos que ordear e xa está colgadiño na nosa porta!!

En fin, xa vos seguiremos informando que aínda quedan días de clase!! Polo de agora...debemos prepararnos moi ben para a GRAN FESTA do xoves!! Así que practiquemos moito a nosa COPLA e as de TODO O COLE para cantalas XUNT@S!! Familias...animádevos a cantar con nós!! Aquí vos deixamos as estrofas!!

ESTROFA 2 - 1º CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA

IMOS Ó AGUINALDO
DENDE O TORRE ILLA
CON ESTAS CANTIGAS
O NADAL NOS PILLA.


ESTROFAS FINAIS – TODO O COLEXIO
 
ESCOITADE ATENTOS
QUE VAI COMEZAR
CANTANDO OS NENOS
CHEGOU O NADAL
 
UNHAS BOAS FESTAS
QUEREMOS DESEXAR
CANDO OS VELLOS CANTEN
AO COLE HAI QUE VOLTAR!

E despois da TRADICIÓN....

remataremos CANTANDO 

E BAILANDO con estas 

dúas cancións que nos levan 

acompañando todo o mes 

de DECEMBRO!! 

A practicarrr!! 




Apertiñas navideñas!!

2 comentarios:

  1. Ola,son Óscar. Fíxome rir moito o elfo Trasti. Adeus, un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Ola, son Mariña. E moi divertido que o elfo Trasti nos faga moitas trastadas. Apertas 😃😃🙂.

    ResponderEliminar

Aniversarios do terceiro trimestre e verán!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre festexamos os últimos ANIVERSARIOS do curso!! Comezamos cos de Álex, Carmen, Sofía e Icía que quixer...