20 outubro 2022

O Samaín está preto!!

 Ola peques e familias!! 

Amaranta é un pouco despistada, 

xa o sabemos!! 

Pero as cousiñas importantes 

non se lle esquecen!!

Estes días...parece que quere dicirnos algo porque non paran de aparecer obxectos extraños na aula!! 

Primeiro unha cabaza...ao día seguinte un antiface escuro e despois unha letra "N" algo terrorífica!! Iso si que nos despistou máis!! Estaremos atent@s esperando máis pistas!!

Non tardaron!! 

Máis letras comezaron a aparecer!! 

SAMAÍN!! 

Aínda que a palabra non estaba 

completa...o tiñamos claro!! 

Pero de repente...comezaron a coarse outras letras que non cadraban!! E ben diferentes!! 

Cando comezamos a situar o OUTONO na data, xa sabiamos que estaba cheo de celebracións apaixoantes e moi divertidas!! 

E xa se comeza a notar!! 


Pero os MISTERIOS continuaban...

para que sería esta 

MESA TAN TERRORÍFICA?? 

Parece que só @s 

mestr@s saben algo...

XA VEN SAMAÍN!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Festa de Nadal!!

Ola peques e familias!!  Co fin de trimestre chegou a tan esperada celebración do Nadal no cole!! Comezamos cunha merendola de chocolate con...