mércores, 21 de setembro de 2022

Aprendendo con moito ritmo!!

 

Ola peques 

e familias!! 

O curso non para!! 

E case temos controladas 

as PARTES DO CORPO 

en galego!!


Pero a mestra nunha 

das súas pillerías

desordeounos 

as letras!! 

Pero puidemos resolvelo traballando en equipo!!


E Rosaura continúa 

axudándonos!! Desta vez 

para repasar...

Un último repasiño virtual!! Clicade debaixo:

XOGO DAS ARTICULACIÓNS!!

Cando o rematedes clicade en 

"comprobar mis respuestas".

E como o coidado do 

CORPO vai moi unido 

á ALIMENTACIÓN...

fixemos un GRAN RETO 

SAUDABLE E CREATIVO 

coas MERENDAS!!

IIImmmpresionantes!!



Agora estamos descubrindo 

o "PRATO DE HARDVARD", coñecédelo??

Froitas e vexetais na 

metade e proteínas 

saudables e cereais integrais 

para completalo!! 

Creade un delicioso 

en comentarios!! 

Atrevédesvos??

E para rematar...

UNS BAILES que xa 

sabemos de memoria!! 

Atrevédesvos a bailalos 

en familia? Adiaaante!!

Partes do corpo, situación no espazo, 

equilibrio, atención, coordinación... 

e tantas cousas traballadas 

sen darnos conta e divertíndonos!!

E hai máis!!


Cada vez máis rápido!! 
E ata a sabemos traducida ao galego!!

Por hoxe a descansar 

eses corpiños!! 

Apertiñas!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

25N - Día internacional da eliminación da violencia contra a muller.

Ola peques e familias!!  Hoxe reunímonos todo o colexio no patio para unha CONMEMORACIÓN que ogallá pronto non sexa necesaria.  O 25 de NOVE...