sábado, 11 de decembro de 2021

PROXECTO DE IGUALDADE!!

Ola peques e familias!! 

Que sorte tivemos!! 

Fai uns diiñas tivemos unha visita 

moi especial grazas á ANPA!! 

ALBA ALONSO FEIJOO visitou a nosa aula 

e aprendemos unha chea de cousiñas interesantes 

sobre os ESTEREOTIPOS DE XÉNERO!!

Vedes esas dúas caixiñas?? 

Unha AZUL cun NENO "dentro" 

e unha ROSA cunha NENA "dentro"!! 

Pois escoitade, escoitade!! 

Que cousas tan INTERESANTES!! 

E máis agora que se achega o NADAL!! 

Nós o que queremos son 

XOGUETES A TODA COR!!

Recoméndovos o seu LIBRO de colorear, 

"JUGUETES A TODO COLOR". 

Quedámonos co seu lema 

que xa parece que comezou a calar!!

POR CERTO!! Catro segredos!! 

Alba fíxose moi amiga de LIBRIA!! 

Claro, como é escritora...

E deixou uns libros para a BIBLIO asinados!! 

XENIAL!! 

Outro... MAÑÁ está convocada 

unha "FOLGA DE...XOGUETES!!" 

Mirade, mirade...

UNÍDESVOS?? 

O terceiro... TEN MÁIS LIBROS!! 

Irán nas RECOMENDACIÓNS LECTORAS 

DA BIBLIO que xa se están

terminando de cociñar... 

E, por último, os de SEXTO fixéronlle unha 

ENTREVISTA en RADIO CARCAMÁN. 

Pinchade neste enlace:

Apertiñas!! ATA PRONTO!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que divertidas son as GRÁFICAS!!

Ola peques e familias!!  Estas semaniñas andamos a voltas cun novo tema de MATEMÁTICAS que nos está parecendo moi interesante e divertido!! ...