mércores, 27 de outubro de 2021

Parece que se achega o Samaín!!

  Ola peques e familias!!

Esta semana parece 

que algo vai ocorrer!! 

Na entrada da aula 

mirade que atopamos...

Tamén carteis por todas partes!! 

Escuros, moi escuros!! 

E cheos de cabazas, morcegos...

Algúns anunciaban unha exposición 

de cabazas...claro! 

A NOSA EXPOSICIÓN QUE 

PRONTO VOS ENSINAREMOS!!

Tamén LIBRIA nos sorprendía...

Entramos na aula expectantes 

e outra sorpresa!! 

Un recuncho da nosa BIBLIOTECA...

cheo de lecturas de SAMAÍN!! 

Non puidemos esperar 

para descubrilas!!

E despois de pasar semanas coñecendo 

ben o noso corpo toca saber como coidalo!! 

Por iso nos puxemos mans á obra!! 

Cales son os hábitos máis saudables? 

Usamos a libreta e...clasificamos 

coa axuda de emoticonos!!


Recordámolos xunt@s? 

Podedes poñelos nun comentario 

e engadir algún máis!! 

Algo importante neste sentido 

é a ALIMENTACIÓN!! 

Por iso coa axuda da "LEITEIRA L"

e varios contos...seguimos traballándoa!!

Ah!! E coas MERENDAS TERRORÍFICAS 

DO VENRES!!  

Apetécenvos unhas cancións 

sobre alimentos?? 

A CANTAR E BAILAR!! 

A próxima vez serán...

MÁIS TENEBROOOOOSAS!! 

E SAMAÍN...COA LETRA S...

comezaremos mañá a traballar!! 

Tamén co tema da FAMILIA

que introducimos cun conto...

...MOI MEDORENTO!! 

Ou iso parecía!!

Unha familia diferente!! Coma todas!! 

Pero especial!! Coma todas tamén!!

HOXE É DÍA 27...

 
En 2 diiñas...
resolveranse moitos MISTERIOS!!
Estades preparad@s?
Apertiñas de medo!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Unidades de medida - Peso

Ola peques e familias!!  Hoxe toca repasar...  AS UNIDADES DE PESO !!  Aquí quedan varios xogos! XOGO 1 XOGO 2 XOGO 3  Adiaaaaaante!!  Apert...