venres, 18 de xuño de 2021

Lectura dentro e fóra da aula!!

 

Ola peques e familias!! 

O título da entrada reflexa 

o que tiñamos planeado esta semana...

trasladar a LECTURA A FÓRA DA AULA!! 

Xa que non puido ser...

pois contámosvos o de dentro!! 

Este último trimestre traballamos 

e lemos moito sobre o CÓMIC! 

Levaron un para a casa! Gustouvos? 

A el@s encantoulles este formato!!

Ademais de ler CÓMICS

adentrámonos no mundo do TEATRO 

e dos libros INFORMATIVOS E DE CONSULTA, 

como os de minerais que nos alucinaron!!

E que vos imos dicir dos

XOGOS DE PREGUNTAS E RESPOSTAS?? 

Ademais de ler...

tocou pensar e compartir a lectura!! 

Iso si que molou!!

Outro éxito!! Os libros para debuxar SILUETAS, 

os que teñen MATERIAIS COMPLEMENTARIOS, 

OS FEITOS NA CASA e, por suposto, 

OS TRABALINGUAS, AS ADIVIÑAS E... 

 WALLY!! Ademais de ler...

BUSCAR COUSIÑAS E RESOLVER RETOS NOS ENCANTA!!

E, por suposto, CONTACONTOS da mestra,

LECTURA DE NARRATIVA, POESÍA...

e moito máis!!

Xa vedes todas as maneiras de lectura na nosa aula durante este curso... INDIVIDUAL E COLECTIVAMENTE, TODO TIPO DE TEXTOS, mediante EXPOSICIÓNS de traballos, traballando a MOTRICIDADE, o PENSAMENTO LÓXICO, a ATENCIÓN, a SOCIALIZACIÓN, as QUENDAS, a CONCENTRACIÓN e COMPRENSIÓN, a EXPRESIÓN ORAL e ESCRITA, o valor do SILENCIO, a CREATIVIDADE, o DEBUXO e, por suposto, a ESCRITA!! 

A LECTURA É UNHA 

FONTE DE RIQUEZA TREMENDA!! 

Só é motivar aos peques e el@s adórana!! 

LIBRIA está moi orgullosa de nós!! 

E a mestra tamén!! 

E vos pregunta...

cal foi a vosa maneira de ler, 

tipo de libro, título, etc. favorito?? 

Animádevos a comentar!! 

E RECORDADE QUE "UN DÍA SEN LER, 

É UN DÍA PERDIDO". 

Apertiñas lectoras!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Unidades de medida - Peso

Ola peques e familias!!  Hoxe toca repasar...  AS UNIDADES DE PESO !!  Aquí quedan varios xogos! XOGO 1 XOGO 2 XOGO 3  Adiaaaaaante!!  Apert...