sábado, 10 de abril de 2021

As aves autóctonas da Arousa!!


Ola, ola peques e familias!! 

Chegados a este trimestre 

toca seguir avanzando!! 

Neste caso no TRABALLO EN EQUIPO!! 

Que ben nos organizamos xa!! 

Despois de investigar nas vacacións 

e expoñer os nosos traballos 

das AVES AUTÓCTONAS DA AROUSA...

puxémonos MANS Á OBRA!! 

Primeiro xuntamos toda a información 

que tiñamos dunha mesma ave 

e repartímola por grupos!!


Despois tocou lela, seleccionar 

a máis importante e completala co que 

sabiamos e coa axuda dunha GUÍA!!


Seguinte paso:

coa axuda dun guión... 

toca elaborar o noso CARTEL!!

Primeiro organizamos 

as nosas ideas nun BORRADOR!!

 Comezamos co nome do animal en galego e... 

buscamos tamén na guía o nome científico!!

Hora de recopilar as imaxes 

e incluso de realizar algunha nova!!

E sabedes que é o máis importante?? 

Poñernos de acordo en todo 

e repartir ben o traballo!!




Para finalmente decoralo e... 

conseguir uns estupendos CARTEIS 

para o noso MUSEO!! 


MUSEO?? Dixen MUSEO?? 

Ui!! Se me escapou!! 

Diso falaremos máis adiante e tamén 

vos mostraremos os resultados finais!! 

Polo de agora...

INVESTIGADE SOBRE OS MUSEOS!! 

Que son? Cales son as súas funcións? 

Animádevos a contestalo nos comentarios!!

Podedes incluso visitar algúns VIRTUAIS!!

12 MUSEOS VIRTUALES PARA NIÑOS.

Un pouquiño sobre AVES!!

E de agasallo...

unha exposición de SUPERHEROES!!

A que mola visitar MUSEOS??

Ata pronto!!

2 comentarios:

  1. Ola son Pablo,
    Os museos son sitios onde se pode observar obxetos antigos ou importantes, por exemplo: cadros, esculturas,...
    Ademais disto as funcións son coleccionar, investigar,conservar, difundir e educar.

    ResponderEliminar
  2. Hola son Leo.Os museos sirven para coleccionar,conservar,educar,estudar e exhibir os obxetos coleccionables. Eu fun ao museo de ciencias en Londres. CHAO 😁😷

    ResponderEliminar

Aniversarios do terceiro trimestre e verán!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre festexamos os últimos ANIVERSARIOS do curso!! Comezamos cos de Álex, Carmen, Sofía e Icía que quixer...