xoves, 4 de marzo de 2021

Tarefa semanal: Plantamos contra a deforestación!!;)

                                 Ola peques!! 

Despois de tantos experimentos 

con SERES INERTES...

xa estamos preparad@s 

para dar vida!!

Levamos uns días falando 

da "DEFORESTACIÓN". 

Aquí unha animación:

Da moita pena ver isto, 

ademais de todo o que supón!!

Parástesvos a pensar...

QUE PASARÍA SE 

DESAPARECESEN AS PLANTAS??

ECOLOXISTAS EN ACCIÓN!! 

Tócanos facer algo!!

TAREFA DESTA SEMANA: 

CONSEGUIDE UNHAS SEMENTES.
Non é necesario compralas, 
xa que valen unhas lentellas, 
fabas...hai mil posibilidades!! 

E cantas máis diferentes mellor!!

SEGUIDE ESTOS PASOS:

É interesante que o vaso sexa 
transparente para poder facer 
un bo seguemento. 

O PRÓXIMO MÉRCORES 

DÍA 10 DE MARZO 

sacade unha foto á vosa plantiña 

e subídea á AULA VIRTUAL. 

Se vos animades facede un collage 

do día a día!! Será moi interesante!

Esperade!! Queda o mellor!!

O domingo 21 DE MARZO 

é o DÍA DA ÁRBORE 

e remataremos subindo 

outra foto da plantiña 

esa fin de semana!! 

Estará enorme!!

5º - EXTRAS VOLUNTARIOS:

Para darlle un final moi feliz 

a esta tarefa estaría moi chulo 

que seguirades coidando á planta! 

Incluso transplantándoa 

a un lugar mellor, na medida 

das posibilidade de cada un. 

Tamén podedes facer un rexistro 

diario, observar que partes 

da planta saen antes, 

que tipo de planta tedes... 

IRÉMOLO COMENTANDO NA AULA!!

AQUÍ UNHAS AXUDIÑAS!!


E mentras a plantiña medra...

SEGUIDE REPASANDO CON ESTES VÍDEOS 

E UNS XOGOS DE PRÓXIMAS ENTRADAS!!

Despedimos cun blues!! Ata pronto!!



1 comentario:

  1. Ola son Gael . Me gusta o video da canción das plantar.
    Adeus compañeiros e compañeiras.

    ResponderEliminar

Que divertidas son as GRÁFICAS!!

Ola peques e familias!!  Estas semaniñas andamos a voltas cun novo tema de MATEMÁTICAS que nos está parecendo moi interesante e divertido!! ...