xoves, 11 de marzo de 2021

Tarefa semanal: Mascota mariña para o camiño escolar!!

Bos días peques!! 

Esta semana a tarefa é moi especial!! 

Levamos moito tempo falando da auga 

e tamén do coidado do medio ambiente!! 

E dos animais!!

E que mellor que unilo todo?? 

Pois toca xogar coa IMAXINACIÓN!! 

Esta semana imos a presentarnos 

a un CONCURSO con todos 

os nenos e nenas da Arousa 

que pretende fomentar 

os desprazamentos a pé ao cole!! 

1ª PARTE DA TAREFA SEMANAL: 

DESEÑA A MASCOTA DO 

CAMIÑO ESCOLAR SEGURO 

"A AROUSA ESCOLA"!! 

Temática: Animal mariño fantástico. 

Debes debuxar o animal, 

a súa pegada, poñerlle un nome 

na plantilla que che demos na aula 

e cubrir os teus datos por detrás.



Algúns datos máis:

DATA DE ENTREGA NA AULA: 

Mércores 17 de marzo.

Sabes que posiblemente nalgún 

momento a túa mascota saia na PRENSA?? 

Pois seguimos...

2ª PARTE DA TAREFA SEMANAL: 

Como estamos na semana da prensa...

CREA/INVENTA UNHA NOVA relacionada 

co MEDIO AMBIENTE 

e coa ILLA DE AROUSA!!

Recorda que debe ter 

polo menos tres partes

- TITULAR. 

- TEXTO (Lugar, data, que ocurriu...)

- FOTO OU DEBUXO. 

DATA DE ENTREGA na aula virtual 

e na clase: MÉRCORES 17 DE MARZO.

Adiaaaaaaaaante XORNALISTAS!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Figuras planas e corpos xeométricos!!

Ola peques e familias!!  Hoxe toca repasar as  FIGURAS XEOMÉTRICAS  PLANAS básicas!!  Agora tócavos crealas neste XEOPLANO!!  XEOPLANO   E ...