venres, 13 de novembro de 2020

Tivemos Magosto!!!

 Sabedes que?? 

TIVEMOS MAGOSTOOOO!!



Que bo día pasamos hoxe!!

Sabiamos que sería diferente

a outros cursos pero...

fixemos de todo

pero sempre con moito coidado!!

Comezamos por analizar un

pouquiño as nosas merendas!!

Aprendemos moito sobre 

froitos típicos do outono!!

Dende as tradicionais castañas

pasando por doces deste froito, 

 

galletas en forma de folliñas,

e algunha cousiña máis!!!

Sen faltar o mítico bocadillo de chourizo!!

Algún moi simpático!! ;)






Por suposto, non podía faltar
a canción que preparamos
coa súa percusión corporal!!

(NA ENTRADA ANTERIOR).

Fixemos unha roda calculando distancias,

trazamos o eixe de simetría

entre os dous segundos e...

A CANTAR E BAILAR!!

Saiunos xenial, 

rímonos moito

e pasamos un ratiño 
os dous segundos xuntiños!!

Seguimos coas actividades de hoxe!!

Tocábanos investigar!!

Tiñamos que atopar unha folla 

grande SIMÉTRICA e 10 pequenas!!

  

E con todo isto...
a traballar MATES!!

 

Repasamos moitas cousiñas

como os números ordinais

ou a simetría!!

Foi moooi interesante
e quedounos chulísimo!!

Non vos parece familias??

O colorido outonal axudou moito!!
Aquí algunhas mostras
dos resultados finais!!



E para rematar...

O RETO PARA ESTE 
FIN DE SEMANA!!

1º- Ler toda a ficha 
e solucionar as adiviñas.

2º - Escoller unha adiviña, 
trabalinguas, etc. do outono.
(da ficha de clase 
ou outr@ que vos guste).

3º-Escribilo con boa letra 
e en minúsculas.

4º-Ilustral@.

4º-Aprendelo de memoria 

para recitalo o LUNS na clase!

Nuns días veredes por aquí
que ben nos saíron os trabalinguas
do SAMAÍN!!
A nosa memoria aumenta!!

E PARA ESTES DÍAS DE 
DESCANSO DE CHOIVA 
POR SE VOS APETECE... 
IDEAS CON 
ELEMENTOS DO OUTONO!!
Podemos crear calquera personaxe 
que poidamos imaxinar!!
Quedan moooi divertidos!!


Feliz MAGOSTO!!
E feliz finde!!
Moita, moita saúde!!

Vou correndo a repasar
os meus ósos...

APERTASSSSS
OUTONAIS!!

2 comentarios:

  1. Ola! que gusto da velos a todos!! Un magosto moi especial, onde non lle faltou de nada!!. Saúdos. Charo e Breo.

    ResponderEliminar
  2. Que baile mais molón! E que boa pinta tiñan esas merendas 😋 Bravo! Bo fin de semana a tod@s. Leo e Marta

    ResponderEliminar

Visita ao CENTRO DE DÍA LEMBRANZAS!!

Ola peques e familias!!  Esta semana vivimos unha experiencia moi emocionante!!  Despois de traballar intensamente o curso pasado o tema da ...