28 novembro 2025
27 novembro 2025
Conmemoramos 2 datas importantes!!
Ola peques e familias!! Este mes conmemóranse dúas datas moi importantes!! Comezamos o 20 co DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA.
Nas aulas de 1º reflexionamos moito sobre os DEREITOS que temos os nenos/as e do AFORTUNADOS/AS que somos de telos todos cumpridos!! Noutros países e noutras realidades non teñen a mesma sorte, polo que temos que valoralos moito!!
Tamén falamos dos DEBERES que son ben importantes igualmente!!
Uns días máis tarde, conmemoramos o 25N, DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Comezamos reflexionando na aula e despois, a semana comezou cun CONCERTO INCRIBLE do grupo "DE VACAS", moi concienciadas co tema deste día!! Foi un privilexio enorme telas no colexio!!
Comezaron de feito dun tema versionado que fala precisamente... das VACAS DE GALICIA!!
Pero como sabían que na Arousa hai moitos PEIXES... esta canción non podía faltar!!
Seguiron cambiando unha canción da gran cantante Rosalía cunha letra sobre a nosa GRAN ESCRITORA ROSALÍA DE CASTRO!! Que necesaria!!
E como sabían que estabamos a "VIAXAR POLO MUNDO" versionaron cancións en diferentes idiomas como o "koreano" ou o "rumano", como a seguinte:
Non paramos de cantar, bailar e aplaudir!! Pasámolo xenial!!
Uns días antes preparamos entre o alumnado de 1º e 2º un mural ben chulo para colocar no escenario onde actuarían!!

Así de bonito luciu!!
Tamén nos reunimos cos nosos compis de 1ºA para realizar a actividade que realizaremos todo o cole!! Tiñamos que elexir unha frase relacionada con este día, escribila en galego e despois traducila ao idioma que nos tocou: o PORTUGUÉS!!
Aquí en galego:
O resto dos compis do cole fixeron o mesmo con diferentes idiomas, todo unido ao proxecto deste curso no que VIAXAMOS POLO MUNDO!!
Ademais, participamos en dúas actividades do concello, acudindo alí algúns representantes a ler un manifesto do noso cole e levar algúns dos murais realizados no cole para "TECER UNHA REDE CONTRA A VIOLENCIA" xunto a outras entidades da Arousa!!
Moitas actividades moi necesarias para un día importante que esperemos que pronto deixe de ser preciso!!
Apertiñas pacíficas!!
23 novembro 2025
Viaxamos a México!!
Ola peques e familias!!
Por fin a nosa viaxe polo mundo despega cara a un novo continente!! Neste caso visitamos América, en concreto, México!! Aproveitando que o noso compi Lucas viaxou a ese país fai pouco e nos trouxo fotiños e uns libriños moi interesantes de alí, o mono Bono non perdeu a ocasión de aparecer lendo sobre ese país!!
E cun mapamundi xigante que nos motivou moitísimo a querer saber máis!!
Uns días máis tarde tamén apareceu coa MALETA cargadiña de materiais para investigar!! Fíxonos moitísima ilusión!!
Pero aínda había máis!! Os contos que Lucas trouxo de alá máis outro, moitos mapas e unhas sorpresiñas para o noso pasaporte gastronómico apareceron ao final da semana!!
Canto investigamos e aprendemos sobre este marabilloso país!! Pero esta aventura aínda non rematou!! Estade atentos/as!!
Apertiñas viaxeiras!!
22 novembro 2025
Terceiro protagonista da semana!!
Ola peques e familias!!
Seguimos coa actividade na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e momentos nos que sentirnos IMPORTANTES!! Neste caso tocoulle a Lucas!!
Sempre comezaremos compartindo cos compis a CAIXIÑA DA VIDA, na que incluímos cousiñas especiais para nós por diferentes motivos!! Neste caso, unhas medallas, un peluchiño, o chupete e a roupiña de bebé, fotos importantes ou o xoguete e os seus dous contos favoritos!!
Un deles o lemos na aula e aproveitamos para reflexionar sobre as nosas emocións!!
Ademais, Lucas presentounos a parte da súa familia!!
Tamén o mono Bono aproveitou que este protagonista viaxou fai pouco a México e apareceu coa MALETA cargada de cousiñas dese país que xa comezamos a investigar!! Estade atentos/as a próximas entradas!!
Esperamos que fose unha gran semana para ti QUERIDO PROTAGONISTA!!
Apertiñas emocionadas!!
19 novembro 2025
"Carcamáns polo mundo" antes de despegar!!
Ola peques e familias!!
Dentro do proxecto "Carcamáns polo mundo" estamos descubrindo moitas cousas da nosa localidade: A Illa de Arousa!!


Tamén da nosa comunidade autónoma: Galicia!!

Aquí queda un xogo:
MAPA PROVINCIAS GALICIA
E as fotos das nosas viaxes estannos levando a coñecer lugares do noso país: España!! E dentro deste nos chaman especialmente a atención as illas!! Será por que vivimos nós tamén nunha ou porque moitos/as viaxamos a elas?? Por iso quedan aquí uns xogos!!

REPASA E XOGA: ILLAS CANARIAS
MAPA ISLAS CANARIAS

REPASA E XOGA: ILLAS BALEARES
MAPA ISLAS BALEARES
O mono Bono desapareceu hoxe pola mañá e cando chegamos do recreo volvera cargado con dúas MALETAS xigantes!! Unha mooooi antiga e outra máis moderna!!
Viñan cargadiñas de ATLAS!! 


Tamén doutros materiais que xa nos puxemos a investigar!! Alucinamos!!
O primeiro que nos encantou foron os MAPAS DA AROUSA nos que atopamos sitios ben coñecidos por nós!!
Pronto descubrimos que o mono Bono se movera por España adiante!!
Ademais, no fondo da aula colocou un MAPA que ocupaba parte da parede cos CONTINENTES!!
Así que tampouco quixemos perder un minuto en recordar o que xa sabiamos e aprender máis!!
Aínda trouxo unha SORPRESA máis!! Un PASAPORTE moi especial!! Pero como aínda estamos comezando con el... teredes que esperar un pouquiño para descubrilo!!
Apertiñas viaxeiras!!
16 novembro 2025
As viaxes da MOCHILA VIAXEIRA!!
Ola peques e familias!!
A MOCHILA VIAXEIRA non deixa de visitar casas!! Algúns compis xa gozaron das súas lecturas e puidemos pillar algunhas das súas cariñas de ilusión!!
Entre os libros favoritos
hai un que está triunfando!!
A verdade que este gatiño é ben gracioso e é unha boa opción para comezar coa lectura en MAIÚSCULAS tanto en castelán como en galego e en formato cómic!!
O que tamén está triunfando
é o LIBRO DE RECEITAS!!
Todas/os polo de agora nas súas casas están facendo varias receitas!! Encántanos ver as fotiños que nos mandan de súpercociñeiros/as!! É unha marabillosa actividade para facer en familia aprendendo e disfrutando de novos sabores e pratos!! Fideos chinos, pizza italiana, pasteis de Belén de Portugal, pancakes americanos, empanadas arxentinas, faxitas mexicanas e sushi de China!! Vaia VIAXE GASTRONÓMICO!!


Ata algúns as trouxeron á aula para compartir!! Grazas a iso probamos receitas xa de varios países e comezamos a viaxe gastronómica polo mundo!! Dende "empanadas arxentinas", pasando por "hummus" e rematando con "pancakes" (tortitas americanas)!!
Todo isto recollémolo na libretiña que vai na mochila e un dos nosos momentos favoritos é compartilo cos nosos compañeiros/as!!
Está resultando unha actividade marabillosa tamén grazas á vosa colaboración familias!!
Apertiñas gastronómicas!!
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
Festa de Nadal!!
Ola peques e familias!! Co fin de trimestre chegou a tan esperada celebración do Nadal no cole!! Comezamos cunha merendola de chocolate con...
-
Bo día peques e familias!! O curso arranca e con el damos a BENVIDA a novas e novos peques en PRIMARIA cunha aula ben colorida!! Na clase...
-
Ola peques e familias!! Nas LINGUAS estamos avanzando un montón na aprendizaxe da ORTOGRAFÍA, tan importante para unha CORRECTA ESCRITURA!...
-
Ola peques e familias!! Vaia dous días de emocións levamos!! Onte antes da festa de pixamas recibiamos unha CARTA moi especial!! Xa facía u...
















































