19 setembro 2025

Primeira FESTA DAS DECENAS!!

 Ola peques e familias!! 

Chegou o venres e con el a promesa de contarvos a SORPRESA!! Hoxe tivemos a primeira FESTA DAS DECENAS!! 

Iso significa que levamos 10 días de cole... 1 DECENA!! 

Dende o primeiro día as/os ENCARGADAS/OS están facendo un reconto dos días que temos cole mediante un sistema no que metemos un palillo cada día nunha bolsiña, tachamos unha bandeiriña e escribimos o NÚMERO de días que levamos de cole (engadindo un máis cada día). 

Cando xuntamos 10 palilliños unímolos coa axuda dunha goma VERMELLA xa que se forma unha DECENA e debe pasar á bolsiña correspondente!! 

Ao ladiño, facemos constar que xa temos unha DECENA (e no das UNIDADES quedarían CERO). 

Cando isto sucede, cada 10 días de cole, festexámolo cunha FESTA DAS DECENAS!! A profe ponnos pratiños con "gusanitos" e debemos contar 10 cada un/unha!! Se a conta está correcta os podemos comer!! A que mola?? Non hai mellor forma de entender certos contidos que vivenciándoos en forma de xogo...ou festa!!

E se é con música divertida e uns bailes mellor!!

Para introducir as UNIDADES e DECENAS estamos facendo un montón de actividades diferentes. Unha delas foi este contiño tan divertido que aquí vos deixo:

Agora probade a quitarlle o volume ao seguinte conto e intentade lelo en familia!! Despois escoitádeo con volume!!
CONTO 10 FANTASMITAS 

Hoxe tivemos dúas sorpresiñas máis que vos contaremos en próximas entradas!! Agora toca despedirse ata prontiño!! 

Apertiñas matemáticas!!

3 comentarios:

  1. Asier pasouno xenial traballando con este sistema. Gusanitos e música, como non iba a estar contento? (Asier e Ana, súa prima)

    ResponderEliminar
  2. Estou deseando que pasen outros 10 días!! 😇

    ResponderEliminar
  3. Lara está encantada dime q aprenden moito e sempre con música

    ResponderEliminar

Primeira FESTA DAS DECENAS!!

 Ola peques e familias!!  Chegou o venres e con el a promesa de contarvos a SORPRESA!! Hoxe tivemos a primeira FESTA DAS DECENA S!!  Iso sig...