venres, 9 de maio de 2025

Benvido bo tempo!!

 Ola peques e familias!! 

Co bo tempo chegan sempre actividades xeniais!! Ler ou merendar no patio xa son algunhas das que máis disfrutamos!! 

Pero ademais os/as mestres/as cumpriron xa unha das peticións que fixemos para o patio fai unhas semaniñas e...RECUPERARON O HORTO do cole!!

 Así que collemos as nosas plantiñas de leitugas, acelgas e amorodos e...A PLANTAR!! 

Primeiro tocou escoitar os consellos dun mestre experto e amante das plantas!! Grazas Guillermo!!

Así que seguindo as súas indicacións, comezamos por sacar "malas herbas" para rematar de preparar o terreo. 

Xa nos avisou que parecían pequenas pero que enganaban!!

Despois tocou facer buratiños para introducir as plantas e... a regar!! 


Foi xenial traballar en equipo cos compis de 2ºB!! Agora toca coidalas moito para que crezcan sás e fortes!!

 Tamén na aula temos plantiñas que nos agasallou Roi polo seu aniversario!! 

Aproveitando que estamos profundizando no tema dos LITROS aproveitamos para aplicalas aprendizaxes á hora de REGAR!!

 Trasladando o da aula á vida é cando todo cobra sentido!! 

Apertiñas solleiras!!

7 comentarios:

  1. Ola son Icía, encantoume regar as plantas de Roi e tamén me gustou plantar as plantas e regalas e tamén me gustou merendar fora facía moito calor.Apertas.

    ResponderEliminar
  2. Ola son Nora encantoume merendar a o aire libre e tamén encantoume plantar a leituga

    ResponderEliminar
  3. Ola son Hugo gustoume moito plantar as plantas de Roi e merendar no recreo un saúdo 😀😀😀😀😀😀😊😊😊😊😊😀😊😀😊😀😀😀

    ResponderEliminar
  4. Da gusto velos tan contentos e emocionados ca hortiña. Cando nós éramos pequenos esto era normal xa que nosas nais e avoas estaban na leira e andábamos na terra con elas. Así que seguro que o recordarán con moito cariño nun futuro. Moitas gracias por esos momentos profe Ali. A mamá de Nora

    ResponderEliminar
  5. A PRIMAVEIRA

    MEDROU UNHA PLANTA.
    MEDROU UN AMOR.
    MEDRARON TRES FLORES
    NO TEU CORAZON.
    MEDROU UNHA FOLLA.
    MEDROU a CALOR.
    MEDRARON TRES FROITOS
    NO TEU CORAZÓN.

    ("AS CATRO ESTACIONS" DE ANTONIO GARCIA TEIJEIRO)
    A mamá de Valentina

    ResponderEliminar
  6. Ola son Nora encantoume merendar o aire libre chao

    ResponderEliminar
  7. Ola son Enma, encantoume poñer a semillas e regar as prantas,trabalhar na hortiña sobre todo. Chao.🌱

    ResponderEliminar

Aniversarios do terceiro trimestre e verán!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre festexamos os últimos ANIVERSARIOS do curso!! Comezamos cos de Álex, Carmen, Sofía e Icía que quixer...