Ola peques e familias!!
Hoxe Amaranta sorprendeunos cunha CARTA MOI ESPECIAL!!
Dicía que se enterara de TODOS OS SORRISOS que leváramos aos AVOÍÑ@S e tamén a primeira boa acción que a nosa compi Valentina fixera na súa casiña co elfo Travesiño!! Xa que, ademais de acompañala a todas partes...
...chegoulle unha carta coa MISIÓN que lle encomendou!!
Así nola conta a súa mamá:
Así que toda a familia puxéronse mans á obra e vaia se cumpriron!! Valentina sorprendeunos na aula con esta CAIXA-AGASALLO cheíña de contos e xoguetes para repartir pero, sobre todo, de moito AMOR e APRENDIZAXES EN VALORES!! Alucinamos!! Grazas compi e familia!!


Entón... como somos tan boíñ@s díxonos que para ela somos... "PINTOR@S DE SORRISOS"!! E tivo unha IDEA que nos encantou!! Disfrazarnos diso no ENTROIDO!!
Pedíalle á profe Ali que pensase como podiamos argallar ese DISFRAZ e finalmente... xa nos fomos para casa con todo solucionado e desexando que chegue o DÍA DO DESFILE!! Que vos parece a idea de Amaranta, familias?? Contádenos en comentarios!! Esperamos que vos guste tanto como a nós!!
Apertiñas entroideiras!!
Gracias Elfiño Travesiño por encher a Nosa casa de ilusión e sorrisos todos estes días!!!! ❤️❤️❤️❤️❤️❤️ Maria mamá de Valentina
ResponderEliminarEncantame a idea de Amaranta, en nada xa empezamos a arterapia 😍😍
ResponderEliminarSempre sorprendendonos 👏👏👏
A nai de Hugo
Estou segura de que Travesiño vai a deixar moitas e moi boas accións nas casas de todos os nen@s de 1A. Nós estamos desexando que visite a Nosa casa para ver con qué nos sorprende.Tamèn xa estamos ansiosos porque chegue o entroido e pintar moitos sorrisos!😀😀😀😀Carolina(a mamà de Enma).
ResponderEliminar