sábado, 25 de febreiro de 2023
sábado, 18 de febreiro de 2023
Desfilamos polo ENTROIDO!!
Ola peques e familias!!
Por fin chegou o
DESFILE DE ENTROIDO!!
Estabamos guapísim@s
e sentiámonos
SUPERPODEROS@S!!
Foi unha mañá de moitas visitas!!
Os TRASNOS primeiro
e despois os DETECTIVES!!
Que ademais nos investigaron,
algo andaban buscando!!
E despois de repoñer forzas...
chegou a hora!!
Xuntámonos co resto d@s compis do cole, organizámonos, preparamos a nosa pancarta e.... 
Con esta FESTAZA no cole
damos comezo oficialmente ao ENTROIDO!!
As nenas e os nenos de segundo e @s mestr@s desexámosvos días de moita diversión sen olvidarvos da importancia sempre da ESCRITURA!! Grazas por acompañarnos FAMILIAS e veciñ@s!!
Ata a volta!!
xoves, 16 de febreiro de 2023
Disfraz libre con espectáculo!!
Ola peques e familias!!
O entroido continuou hoxe
con...DISFRAZ LIBRE!!
É un día que nos encanta!!
E parece que non só a nós!!
Mirade @s mestr@s!!
O noso mestre de E.F. e a de ENGLISH disfrazáronse en honor aos SUPERLAPICÍNS xa que mañá non veñen con nós e, por suposto, ao PROXECTO: DALLE AO LAPIS, CARCAMÁN!! Pero houbo máis!!
Dúas paiasas un pouco toliñas
fixéronnos rir un rato!!
Con espectáculo e todo!!
Pensabades que o virades todo??
Isto só son as TOMAS FALSAS!!
Preparad@s??
Pero hai máis!!
Faltaba a profe Trini que tamén formaba parte do noso circo e...
coa última
A-LU-CI-NA-MOS!!
De verdade a profe Belén viña disfrazada de SUPERGOTIÑA DA AROUSA?? Foi incrible!!
Continuamos con desfile visitando a algúns compis!! E que siga o espectáculo!!
Parece que os nosos veciñ@s de corredor querían unirse!!
Así que...
que continúe a festa!!
Desfilando e desfilando...atopamos outro mestre malabarista!! O circo non deixaba de aumentar!
E para rematar...SORPRESÓN da Gotiña da Arousa, de Libria e de Amaranta!! Unha FELICITACIÓN e un SUPERAGASALLO!!
Estabamos preocupad@s porque a nosa biblio de aula estaba practicamente baleira ao chegar...pero xa se encargaron el@s de enchela!! E todos esos LIBROS tiñan algo en común: A AUGA!!
mércores, 15 de febreiro de 2023
Repasamos as horas!!
Ola peques e familias!!
Hoxe toca REPASAR AS HORAS tanto en RELOXOS ANALÓXICOS, OS DE AGULLAS, como DIXITAIS!! Así que imos alá!!
Chegaron os MANDADIÑOS do MECO!!
Ola peques e familias!!
O MECO xa chegou
cos seus MANDADIÑOS!!
E polo de agora o estamos
facendo perfecto!!
O LUNS...convertímonos en marabillos@s COCIÑEIR@S co noso MANDIL!!
O MARTES tocou sumarlle o PIXAMA e os CALCETÍNS POR FÓRA!!
A mestra pediulle ás nosas familias de SORPRESA que trouxeramos unhas LANTERNAS!!
Amaranta esperounos así!!
Parecía que quería unirse ao plan...
A mestra non perde unha oportunidade!! Sabedes que se lle ocorreu?? Facer unha FESTAZA DE PIXAMAS DA LECTURA!! Así que preparámonos para ir á BIBLIO e compartila cos nosos PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS!! Foi xenial!! ;)
Gustounos tanto a experiencia e o encontro cos maiores que non queriamos despedirnos!! GRAZAS COMPIS!!
Pero o MECO continuou o MÉRCORES con todo o anterior e...os LIBORIOS ou CHOQUEIROS!!
Quen é quen??
Un en particular
asustounos un pouco!!
Pero pronto
o recoñecemos!!
Quen é??
Traballamos moito os pasados días coñecendo máis desta personaxe para a procura da recuperación desta TRADICIÓN da AROUSA!!
Tivemos a gran axuda da nosa mestra de prácticas que é da Arousa e tamén de varias familias!! Grazas!!
Aquí temos á curmá de Sira e ao avó de Óscar!! É o do ollo azul!!
E moita información chegada das casas!!
E despois de moito investigar...apareceu Amaranta para felicitarnos por acertar e para "collernos prestados" uns cantos frecos para o seu LIBORIO!!
E vós familias, sabiades
que era un LIBORIO??
Esperamos os vosos comentarios!!
E o MECO siguee!!
Mañá DISFRAZ LIBRE!!
Iuuuhuuu!!
Apertiñas entroideiras!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
A biblioteca galáctica contra a IA fantástica!!
Ola peques e familias!! O título desta entrada correspóndese co do libro que nos agasallou LIBRIA e no que se basea a OBRA DE TEATRO á que...
-
Ola peques e familias!! Nas LINGUAS estamos avanzando un montón na aprendizaxe da ORTOGRAFÍA, tan importante para unha CORRECTA ESCRITURA!...
-
Ola peques e familias!! Como sabedes, esta semana comezou cunha visita moi, pero que moi especial!! Despois de todo o curso inmersos na ART...
-
Ola peques e familias!! Vaia dous días de emocións levamos!! Onte antes da festa de pixamas recibiamos unha CARTA moi especial!! Xa facía u...