26 setembro 2022

Primeira profesional que nos visita!!

 

Ola peques 

e familias!! 

Xa que estamos traballando 

o corpo, a hixiene...

Hoxe tivemos o primeiro 

OBRADOIRO DE PROFESIÓNS!!

Xoguemos a adiviñar!! 

Segundo os instrumentos 

que utiliza...que oficio 

terá Melissa, 

a nai de Javi??

Moi ben!! PEITEADORA!! 


Despois dunha interesante

 explicación sobre o que 

ten que estudar, 

o seu traballo e instrumentos, 

a importancia da hixiene, 

dos "piolliños" 

e moitas cousas máis...

PÚXOSE MANS Á OBRA!! 

Peiteou a tod@s @s 

voluntari@s coa axuda de 

Javi!! Un superexperto tamén!!

Este "cliente" 

estaba encantado!! 

Pero despois...

animámonos case tod@s 

a aprender!!


E ademais pasámolo pipa!! 

Xa se ve, verdade?? 

Pois atent@s aos 

resultados!! Podiamos 

marchar de celebración!!


Un pouco de chulería...

e a POSAR!! 

Pero merece que se

vexan con detalle...


Que pasada!! 

Isto merece... 

un DIPLOMA!! 

Grazas supermami!! 

Pronto CONTINUARÁ... 

Saudiños!!


25 setembro 2022

Semana da mobilidade e...con sorpresa!!

 

Ola peques 

e familias!! 

Levamos unhas semanas 

cunhas curiosas pegadas 

na nosa aula...

mirade, mirade!!

O mellor é que sabemos 

que son do RATIÑO PÉREZ 

por un alucinante CONTO 

que nos leu a mestra!! 

Coinciden!!

Pero isto continuou... 

no corredor!!

E tamén na aula dos 

compis de primeiro!!

Así que decidimos 

pedirlles colaboración 

a través da encargada!!

Na súa clase tamén 

había pegadas e sorpresas!! 

O conto que nos 

desaparecera!!

Así que @s compis se uniron á 

nosa investigación!!

Pasados uns días... 

AMARANTA apareceu despois 

de moito tempo cunha 

carta que tiña 

moito que ver!! 

A cara da encargada 

expresa o que sentimos!!

Lémola con moita atención 

e Sofi investigou 

no libro as pistas!! 

Un poema do Ratiño!! 

A ver que conta!!


Seguiremos atent@s 

a esta aventura!!

E contarémosvolo!! 


E a semana rematou...

co día da mobilidade!! 

Así que bo momento 

para evitar a contaminación 

dos vehículos de motor!!

@S MESTR@S PUXÉMONOS 

A CAMIÑAR!!

Con este AMENCER valeu 

todavía máis a pena!! 

Saudiños!!

21 setembro 2022

Aprendendo con moito ritmo!!

 

Ola peques 

e familias!! 

O curso non para!! 

E case temos controladas 

as PARTES DO CORPO 

en galego!!


Pero a mestra nunha 

das súas pillerías

desordeounos 

as letras!! 

Pero puidemos resolvelo traballando en equipo!!


E Rosaura continúa 

axudándonos!! Desta vez 

para repasar...

Un último repasiño virtual!! Clicade debaixo:

XOGO DAS ARTICULACIÓNS!!

Cando o rematedes clicade en 

"comprobar mis respuestas".

E como o coidado do 

CORPO vai moi unido 

á ALIMENTACIÓN...

fixemos un GRAN RETO 

SAUDABLE E CREATIVO 

coas MERENDAS!!

IIImmmpresionantes!!



Agora estamos descubrindo 

o "PRATO DE HARDVARD", coñecédelo??

Froitas e vexetais na 

metade e proteínas 

saudables e cereais integrais 

para completalo!! 

Creade un delicioso 

en comentarios!! 

Atrevédesvos??

E para rematar...

UNS BAILES que xa 

sabemos de memoria!! 

Atrevédesvos a bailalos 

en familia? Adiaaante!!

Partes do corpo, situación no espazo, 

equilibrio, atención, coordinación... 

e tantas cousas traballadas 

sen darnos conta e divertíndonos!!

E hai máis!!


Cada vez máis rápido!! 
E ata a sabemos traducida ao galego!!

Por hoxe a descansar 

eses corpiños!! 

Apertiñas!!




De aniversario en setembro!!

 

Ola peques 

e familias!! 

Temos dúas compis 

novas e inauguran os

 ANIVERSARIOS deste curso

con moita marcha!! 

E tamén...con moita 

FELICIDADE, dozura 

e...cor nas súas postais!! 

PARABÉNS REBE!! 

E grazas polo riquísimo 

e sanísimo biscoito!! 

E PARABÉNS LÍA!!

A túa torta tamén nos 

alucinou! Grazas por 

compartila con nós!!


TODOS E TODAS A UNHA 

vos desexamos 

FELIZ ANIVERSARIO 

e...que sexades 

MOOOI FELICES con nós!! 

APERTIÑAS!!

15 setembro 2022

Vaia primeiros días de curso!!

 

Ola peques 

e familias!! 

Como estamos aproveitando 
estes primeiros 

días de curso!! 

A festa de BENVIDA 

foi o máis!!

Por non falar do que nos 

encanta a BIBLIO da aula e...

a do cole!!


Por fin podemos 

ir nos recreos!! 
E se falamos de APRENDER 
divertíndonos...

a cousa mellora!!
 
Comezamos valorando as 

ideas previas sobre o noso 

corpo a ritmo de...

PINCELADAS!!




As nosas caras dino todo!! 
E que dicides dos nosos 
AUTORRETRATOS?? Iiiimpresionantes!!

Como todo traballo require 

dunha boa PRESENTACIÓN, 

ORDE e LIMPEZA...

A clase e o baño quedaron...

como se non pasasen témperas 

e pinceis por el!! Xenial chic@s!! 

E a seguir xogando...

desta vez con ROSAURA 

e EN EQUIPO!! 

Costa un pouco poñerse de acordo 

ás veces pero...merece a pena!!



Lemos, chegamos a acordos, 

repartimos o traballo, recortamos...

e sen darnos conta APRENDEMOS!! 

Iso si...pobre Rosaura!! 

Imos a repasar coas TICS!!

Clicade aquí debaixo:

XOGO DAS PARTES DO CORPO EN GALEGO!!

E non nos olvidamos tampouco 

de COIDAR O CORPO!! E como? 

Comezando coas MERENDAS!! 

Non vai nada mal!! 

Que AS FROITAS e os biscoitos 

saudables nos sigan acompañando!!

Tamén houbo celebracións!!

Pero para iso..

teredes que esperar 

á seguinte entrada!! 

SAUDIÑOS!!

Primeira FESTA DAS DECENAS!!

 Ola peques e familias!!  Chegou o venres e con el a promesa de contarvos a SORPRESA!! Hoxe tivemos a primeira FESTA DAS DECENA S!!  Iso sig...