venres, 29 de xaneiro de 2021
domingo, 24 de xaneiro de 2021
O ciclo da auga
Ola a todos e todas!!
A GOTIÑA DA AROUSA
continúa as súas aventuras!!
Descubrimos que sempre está
viaxando e cambiando de estado!!
A viaxe que fai chámase
CICLO DA AUGA!!
Para descubrir máis cousiñas sobre el...
que mellor que un EXPERIMENTO??
TAREFA SEMANAL:
1º - Xuntar todos os materiais e realizar
o experimento coa axuda dun adulto.
(Pode costar máis a condensación
xa que os días non están soleados,
pero debería producirse.
De todas formas senón pode axudar
pegala cerca dunha fonte de calor.)
2º - Observar que ocurre,
preguntarnos por que
e realizar unha foto.
3º - Practicar a ADXUNTAR A/S FOTO/S
na AULA VIRTUAL en:
"ENTREGA PÚBLICA-
Experimento do ciclo da auga".
4º - Realizar un TRABALLO onde incluades:
- Título do experimento.
- Materiais empregados.
- Fotos do experimento
(ou debuxos coloreados).
- Unha explicación
do que ocurriu e por que.
(Todo con boa letra en minúscula).
4º - DATA DE ENTREGA
(na clase e na aula virtual)
E EXPOSICIÓN:
MÉRCORES 3 DE FEBREIRO.
ENCRUCILLADO DO CICLO DA AUGA.
Saudiños!!
sábado, 23 de xaneiro de 2021
Día internacional da educación!!
Bos días amiguiños!!
Hoxe conmemórase
"O DÍA INTERNACIONAL
DA EDUCACIÓN"!!
Os compañeir@s de 5º
fixeron un video-conto
precioso que ven moi ben
para un domingo en familia!!
xoves, 21 de xaneiro de 2021
Unha carta misteriosa!!
Ola, ola!! Vaia comezo
de trimestre máis misterioso!!
Esta semana apareceu
na nosa biblioteca de aula
unha SORPRESA!!
Estabamos moi intrigados...
era unha carta dunha GOTIÑA
DE AUGA DA AROUSA!!
Lémola con mooooita atención!!

CONSEGUIUNO!!
Pero...o que ela non sabía
era que xa era ESPECIAL
por moitos motivos!!
Nos pedía axuda na carta para
DESCUBRILO e así o fixemos!!
Sempre coa colaboración...
do noso amigo o CAMALEÓN!!
A AUGA É MOOOOI ESPECIAL!!
E MOOOOI IMPORTANTE!!
Por iso esta semana imos
a convertirnos en científic@s
e realizar un experimento!!
PRIMEIRA TAREFA SEMANAL
DESTE TRIMESTRE:
1º PASO:
VER O SEGUINTE VÍDEO.
2º PASO:
XUNTAR OS MATERIAIS NECESARIOS.
3º PASO:
REALIZAR O EXPERIMENTO,
COA SUPERVISIÓN DUN ADULTO
E ALUCINAR COA ARCO DA VELLA
CREADO POR NÓS!!
4º PASO:
SACAR UNHA FOTO DO RESULTADO.
(Senón debuxalo).
5º PASO:
REALIZAR UN TRABALLO QUE INCLÚA
EN LETRA MINÚSCULA E BEN FEITIÑA:
- MATERIAIS
- PASOS SEGUIDOS
(ORDEADOS COS NÚMEROS ORDINAIS)
- FOTO OU DEBUXO.
(Isto só é unha guía.)
6º PASO:
ENTREGA DO TRABALLO
E EXPOSICIÓN O PRÓXIMO
MÉRCORES DÍA 27 DE XANEIRO.
Espero que vos guste
e que pasedes un bo rato
coas nosas amigas as GOTIÑAS!!
A EXPERIMENTAR!!
E recordade que, ás veces,
as mellores cousas suceden
cando menos as esperas.
ATA PRONTO!!
sábado, 16 de xaneiro de 2021
Comezamos un novo trimestre!!
BENVID@S PEQUES E FAMILIAS!!
Comezamos un novo trimestre con moita
precaución pero con moita máis ILUSIÓN!!
Nótanse moito as inmensas ganas que tiñamos
de volver ao cole e iso é xenial!!
E comezamos estes días coas
EXPOSICIÓN DOS INTERESANTES
TRABALLIÑOS SOBRE A NOSA AROUSA!!
Xa somos uns EXPERTOS na elaboración
e presentación de traballos
e en explicarnos
diante dos nosos compañeir@s
e da mestra!! Non é sinxelo!!
Tranquilidade, expresión oral,
falar alto e claro, lectura fluída,
boa letra e presentación...
e moito máis!! Pero practicamos
tantísimo que todo se consegue!!
MIRADE QUE ARTISTADAS
EN FORMA DE MURAIS!!
Canto lixo que temos que
darlle solución pero...
canta MAXIA na nosa AROUSA!!
domingo, 3 de xaneiro de 2021
O amig@ invisible!!
QUE NERVIOS!!
Case rematando as vacacións
de Nadal chegou o momento
tan esperado!!
Pensaba o bichiño que nos iba
a deixar sen descubrir
aos nosos AMIG@S INVISIBLES
e os AGASALLIÑOS
que con tanto agarimo
e ilusión nos prepararon??
Pois diso nada!!
Nós somos máis fortes!!
PREPARADOS??
A DESCUBRIR OS MISTERIOS!!
De Dani para Ylenia!!
De Fátima para Alejandro!!
De Iker para Alicia!!
De Breo para Elia!!
De Alicia para Leire!!
De Clara para Alba!!
De Alén para Pablo!!
De Alba para Iker!!
De Daniela para Fátima!!
De Elia para Daniela!!
De Gael para Clara!!
De Leire para Nayara!!
De Leo para Alén!!
De Luca para Daniel!!
De Nayara para Breo!!
De Ylenia para Gael!!
De Pablo para Luca!!
De Alejandro para Leo!!
FOI EMOCIONANTE??
PARA MIN MOITÍSIMO!!
Vaia chuladas fixestes!!
Animádevos a escribir nos comentarios
que sentistes ao descubrir o misterio
e un agradecemento para @ vos@ amig@!!
O meu agradecemento vai para vós,
familias e peques, que fixestes que o XOGO
continuase a pesar de todo!!
GRAZAS POR FACER SEMPRE
TODO POSIBLE!!
Apertiñas enormes para todos!!
Que o 2021 nos traia as de verdade!!
FELIZ ANO!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Obradoiros de xogos tradicionais!!
Ola peques e familias!! Este trimestre estivo cheo de OBRADOIROS DE TRADICIÓN ORAL grazas aos nosos avoíños e avoíñas!! Canto aprendemos e ...

-
Ola peques e familias!! Nas LINGUAS estamos avanzando un montón na aprendizaxe da ORTOGRAFÍA, tan importante para unha CORRECTA ESCRITURA!...
-
Ola peques e familias!! Como sabedes, esta semana comezou cunha visita moi, pero que moi especial!! Despois de todo o curso inmersos na ART...
-
Ola peques e familias!! Vaia dous días de emocións levamos!! Onte antes da festa de pixamas recibiamos unha CARTA moi especial!! Xa facía u...