14 xaneiro 2026

Aprendemos os tipos de nomes!!

Ola peques e familias!! 

Esta semana toca repasar os TIPOS DE NOMES!! Aquí queda unha axudiña!! 


E como a mellor maneira de aprender é xogando... imos aló!!
XOGO 1
XOGO 2
XOGO 3
Apertiñas estudosas!!

12 xaneiro 2026

Comeza o segundo trimestre!!

Ola peques e familias!! 
Despois das vacacións de Nadal e o noso querido día do Patrón chegou a volta ao cole!!
 Xa comeza o noso segundo trimestre en primaria!! Como pasa o tempo!! E para recibirnos tiñamos na aula varios agasalliños!! Unha postaliña e unha pegatina que nos regalou a mestra!! 
E tamén apareceu o mono Bono con dous agasalliños!! 
Os Reis Magos pasaron por 1ºB e saben moi ben o que nos gusta!! Estiveron observando que nos gustaba moito un puzzle con forma de estrada e os vehículos para xogar nel e trouxeron outros similares!! Encantounos e non tardamos en estrealo!! 
Ademais, a nosa compi Vega sorprendeunos cun paquetiño cheo de cousiñas recén chegadas de Bélxica!! Eran agasallos para o recunchiño de libros de diferentes países que estamos estreando na biblio do cole grazas ao proxecto deste curso: "Viaxe arredor do mundo"!! Libria poñerase moi contenta cando se entere!!

Sorprendeunos que tamén había moedas e billetes!! Eran pesos mexicanos!! 
E aínda tivemos tempo para disfrutar de XOGO LIBRE!!
Que ben comezou o trimestre!! 
Apertiñas emocionadas!!

Aprendemos os tipos de nomes!!

Ola peques e familias!!  Esta semana toca repasar os TIPOS DE NOMES!! Aquí queda unha axudiña!!  E como a mellor maneira de aprender é xogan...